Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco destaca que o sorteo da Lotería Nacional que se celebra o sábado permitirá que Lugo estea presente en todas as cidades de España


# Xoves, 01/10/2009
* O sorteo, que se celebrará no Auditorio Gustavo Freire, repartirá 42 millóns de euros en premios

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, destacou hoxe o feito de que o sorteo da Lotería Nacional do próximo sábado se celebre na cidade “por permitir que Lugo estea presente en todos os puntos de España”. No acto de presentación do evento López Orozco estivo acompañado polo Subdelegado do Goberno en Lugo, así como por varios representantes de Loterías y Apuestas del Estado.

Na súa intervención, López Orozco subliñou que Lugo está de noraboa o próximo sábado. Así, ademais de celebrarse o sorteo, o Ministro de Fomento viaxa á cidade para colocar a primeira pedra da Nova Ponte.

Así mesmo, felicitouse porque desde Loterías y Apuestas del Estado decidisen realizar o sorteo en Lugo e valorou a importancia do décimo elaborado por recoller a imaxe da Porta de San Pedro, punto polo que o camiño de Santiago entre á cidade.

Algúns datos
O sorteo realizarase o próximo sábado ás 13,00 horas no Auditorio Gustavo Freire. Poden acceder todas aquelas persoas que o desexen, posto que é aberto ao público ata completar aforo.

Trátase da edición número 303 na que os bombos da Lotería Nacional saen de Madrid, onde habitualmente se celebran os sorteos.

Lugo conta na actualidade con 34 administracións e 120 despachos mixtos. O primeiro premio da Lotería Nacional recaeu na cidade en tres ocasións.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova