Imprimir

O XURADO DO 5º CONCURSO DE TAPAS DE LUGO ELIXIU AOS CATRO FINALISTAS DA MODALIDADE TRADICIONAL


1/10/2009 Mañá elixirá aos ganadores do concurso

O xurado do 5º Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo elixiu esta mañá aos finalistas da modalidade tradicional que foron:

- A TABERNA DO ESPAÑA, pola tapa Carrilleira de porco estofada con viño de Amandi servida con puré de pataca.

- TIRABEQUE, pola tapa Empanadiña de orella guisada con cebola e tomate picante.

- Restaurante MARISQUERÍA LA BARRA pola tapa Zamburiña ao forno con salsa de allo, cebola, xamón e viño blanco, acompañada de grelos e gambas, forneada en masa de hoxaldre.

- Restaurante MANUEL MANUEL, pola tapa Fardelo Mareiro, feita de filloa de tinta de calamar rechea de marisco e verduras con guarnición e crema de whisky.

Desde as 11:00 horas e ata as 14:00 horas o xurado estivo degustando as 15 tapas que participaron nesta modalidade.

Mañá venres, 2 de outubro, un xurado de expertos decidirá cales dos oito establecementos se alzan con algún dos catro premios do 5º concurso de tapas.

www.lugo.es/concursotapas