Imprimir

O CONCELLO DE LUGO ACORDA A PRÓRROGA DO APARCAMENTO GRATUÍTO PARA OS PAIS E NAIS DOS ALUMNOS DOS COLEXIOS MARISTAS E FRANCISCANOS


2/10/2009 Terán 15 minutos gratuítos á hora de entrada e saída do colexio

O Concello de Lugo e o aparcamento da praza da Constitución chegaron a un acordo para prorrogar o permiso de aparcamento aos pais e nais dos alumnos dos centros educativos Irmáns Maristas e Pais Franciscanos.

Os pais e nais terán 15 minutos de estacionamento gratis antes e despois da hora de entrada e saída dos colexios para facilitar a recollida dos nenos e nenas e evitar os posibles problemas de tráfico que se ocasionan a estas horas na zona.

Este acordo súmase ao acadado polo Concello neste curso co parking do Seminario para facilitar o aparcamento aos pais e nais dos centros educativos da avenida de Ramón Ferreiro.