Cargando....
Concello de Lugo
16/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo destaca que "coa actuación e o empeño" do Ministro de Fomento convirte a Lugo "no mellor altofalante do progreso, do avance e do compromiso coa modernidade"


# Sábado, 03/10/2009
* López Orozco participou xunto con José Blanco no acto de colocación da primeira pedra da Nova Ponte que marca o inicio das obras

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
* Destaca que a obra que hoxe inicia a súa andadura non tería sido posible sen “a confianza, o tesón e o compromiso” do Ministro de Fomento
* “A política devólvenos con feitos, con traballo, con investimentos, anos de loita, de traballo intenso, de incomprensión en moitos casos”, subliña
* Remarca que o soño de Lugo non se detén posto que continuará con novos proxectos como a estación intermodal, as autovías de Santiago e Ourense, que aí ao carón están medrando, ou coa chegada do AVE

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, salientou hoxe que o Ministro de Fomento, José Blanco, convirte a Lugo, “coa súa actuación e o seu empeño, no mellor altofalante do progreso, do avance e do compromiso co desenvolvemento”. Así o destacou no acto de colocación da primeira pedra da Nova Ponte sobre o Miño, presidido polo Ministro de Fomento, José Blanco.

López Orozco salientou que o inicio da Nova Ponte supón “o apuntalamento do compromiso con Lugo e o fin da estrangulación e o olvido ao que nos someteron os gobernos doutras cores”. O xefe do Executivo local deulle as gracias ao Ministro “por devolvernos a esperanza no traballo e na defensa do mellor para os cidadáns”.

Na súa intervención, López Orozco agradeceu “o apoio incondicional e manifesto de todos os que, durante anos, confiástedes en que este proxecto ía saír adiante, e colaborástedes para que así fora”. A Nova Ponte suporá un investimento de 25,5 millóns de euros.

Lugo, no mapa das infraestruturas
López Orozco destacou que a obra que hoxe inicia a súa andadura non tería sido posible sen “a confianza, o tesón e o compromiso do Ministro de Fomento”. “Un home que fixo posible que Lugo conte no mapa das infraestruturas, que a partir desta data, do día de hoxe, nos permita debuxar unha cidade moderna que só conservará no recordo a Galicia da periferia e a Galicia do atraso”.

Neste sentido, o Alcalde de Lugo recordou que foi o Goberno presidido por Rodríguez Zapatero o que en outubro de 2004 tivo a sensibilidade e forneceu o noso soño. En cambio, López Orozco referiuse a “compañeiros de viaxe que non entenderon as nosas necesidades e demoraron a nosa inmersión no espazo do despegue territorial, económico e social”.

“Avanzar na nova ponte sobre o Miño significa tender un abano de oportunidades en Lugo”, explicou. “Tratábase dunhas cuestión de xustiza, pero tamén de eficiencia. Unha eficiencia da que o Ministro de Fomento e o seu departamento son os verdadeiros artífices”.

A obra que hoxe se inicia permitirá, segundo o rexedor local, recuperar a confianza na política con maiúsculas porque hoxe, “a política devólvenos con feitos, con traballo, con investimentos, anos de loita, de traballo intenso, de incomprensión en moitos casos”.

López Orozco destacou que a nova ponte permitirá avances coas parroquias, ao tempo que regulará a mobilidade de acceso e saída da cidade. “A dotación beneficiará á zona rural e á súa relación co centro urbano, ao tempo que outorgará novas posibilidades turísticas e comerciais”.

López Orozco referiuse a un soño, un soño sobre unha cidade moderna, equilibrada, competitiva, comunicada. “O soño de Lugo non se detén posto que continuará con novos proxectos como a estación intermodal, as autovías de Santiago e Ourense que aí ao carón están medrando ou coa chegada do AVE”, concluíu.

Nova Ponte sobre o Miño




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova