Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Arrinca o programa de festas do San Froilán 2009 coa lectura do pregón e o concerto de The Wailers


# Domingo, 04/10/2009
* A cantante lucense Lucía Pérez actuará na Praza de Santa María
* Ao longo do día haberá numerosas actividades para os nenos e nenas na carpa do San Froilanciño


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O programa festivo do San Froilán 2009 arrinca hoxe, domingo 4 de outubro, coa lectura do pregón e cos concertos de The Wailers e Lucía Pérez. Un programa completo de actividades para todos os gustos e para todas as idades deseñado polo Concello de Lugo desenvolverase ata o 12 de outubro enchendo a cidade de animación.

A lectura do pregón, que este ano corre a cargo do escritor Lois Diéguez, será o primeiro acto oficial da 255 edición das festas de San Froilán. Será ás 20:00 horas no Templete da Praza Maior donde toda a Corporación Municipal e as distintas autoridades locais e invitados acompañarán ao pregoeiro.

Todos os anos lucenses e visitantes se congregan na Praza Maior para dar, ao grito de “Viva San Froilán!”, o pistoletazo de saída ás festas máis populares de Galicia e que contan co título de Festa de Interese Turístico Galego e Festa de Interese Turístico Nacional.

Como todos os anos, ao final do pregón, a familia Pelúdez protagonizarán a súa tradicional visita ás autoridades, sendo recibidos polo Alcalde, para pasear despois o seu espectáculo polas rúas da cidade para que todos poidan disfrutar dos personaxes máis característicos das festas.

Os actos oficiais da xornada continuarán coa apertura da porta do Cárcere da man do membro do Congreso dos Deputados e voceiro do grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez.

Unha sesión de fogos artificiais a cargo da empresa Pirotecnia Astariz dará comezo á festa nocturna. O espectáculo pirotécnico poderá contemplarse desde o adarve da Muralla no tramo comprendido entre as portas de Bispo Odoario e Aguirre.

A partir das 21:30 horas, a praza de Santa María acollerá a actuación da artista lucense Lucía Pérez, que interpretará os temas do seu último disco Volar por los tejados. E ás 22:30 horas a música trasladarase á Praza da Horta do Seminario coa actuación do grupo The Wailers, a antigua banda de Bob Marley.

Os amantes do baile poderán gozar dunha velada de música coa verbena popular que amenizará a orquestra Philadelphia a partir das 23:30 horas na Praza Maior.

A noite festiva continuará nas rúas do centro histórico e no recinto feiral coas atraccións, as casetas do polbo e a animación da charanga O Santiaguiño.

Ao longo do día os máis cativos poderán difrutar coas actuacións de globos, de circo e con pompas de xabrón na carpa do San Froilanciño.

sanfroilan.info




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova