Imprimir

O ALCALDE DE LUGO PARTICIPOU NO SORTEO DA LOTERÍA NACIONAL QUE SE CELEBROU NO AUDITORIO GUSTAVO FREIRE


3/10/2009 * O número premiado foi o 74447

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta mañá no Sorte da Lotería Nacional que se celebrou no Auditorio Gustavo Freire e ao que asistiu numeroso público. O número gañador foi o 74447 vendido en Vitoria.

O Alcalde de Lugo manifestou a súa satisfacción porque o sorteo se celebrase na cidade levando o nome de Lugo por toda España e a imaxe da cidade en todos os décimos que se venderon por todas as administracións de España.

O pasado venres López Orozco recibiu na Casa do Concello aos nenos de San Ildefonso que se desprazaron a Lugo para participar no Sorteo.

Algúns datos
Trátase da edición número 303 na que os bombos da Lotería Nacional saen de Madrid, onde habitualmente se celebran os sorteos.

Lugo conta na actualidade con 34 administracións e 120 despachos mixtos. O primeiro premio da Lotería Nacional recaeu na cidade en tres ocasións.