Cargando....
Concello de Lugo
19/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Artesáns de toda España amosan o seu interese pola feira de Artesanfroilán


# Sábado, 03/10/2009
* López Orozco e Lara Méndez inauguraron a XIII edición desta mostra coa participación de 26 expositores “da maior calidade” 


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

* A mostra inclúe novidades no “stand” de Km0 con sorteos diarios de produtos autóctonos

O alcalde de Lugo, José López Orozco, A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, e o Subdelegado do Goberno lucense, José Vazquez Portomeñe, inauguraron este sábado a XIII edición da feira de Artesanfroilán, organizada polo Centro de Artesanía e Deseño, dependente da institución provincial.

Artesanfroilán acolle na súa XIII edición 26 “stands” que se ubican na praza Anxo Fernández Gómez dende hoxe e ata o 12 de outubro. Artesáns de galegos e asturianos poñen á venda pezas de encaixes, arranxos florais, cartón-pedra, oleiría, vidro, marroquinería, metalistería, pratería, bonequería, xoguetes, téxtil, talla de madeira, serigrafía e xoiería.


Novidades no “stand” de Km0 a Compostela
A comitiva oficial aproveitou a ocasión para percorrer os postos instalados na mostra e conversar cos participantes para coñecer de primeira man a súas impresións. Lara Méndez visitou o “stand” de Km0 a Compostela onde se ofrece información sobre as rutas de peregrinación á capital galega e que discorren pola provincia lucense. Esta é unha iniciativa que converte a Deputación na primeira institución provincial cunha programación estable e previa á cita do Xacobeo 2010. Este ano ademais, incorporouse ao “stand” unha novidade: o sorteo diario de varios lotes de produtos autónomos galegos dentro da campaña do organismo provincial Lugo Sabe.

Nas instalacións de Km0 a Compostela haberá unha urna onde os clientes de Artesanfroilán poderán introducir os seus datas para participar no sorteo. A maiores, os días 5, 10, 11 e 12, tamén se sorteará unha cesta cunha grande variedade de produtos galegos.

Horarios e datas
Artesanfroilán estará instalado na Praza de Anxo Fernández Gómez ata o 12 de outubro co seguinte horario:

- os días 3, 6, 7, 8 e 9 de outubro: de 11:00 horas a 14:00 horas e de 17:00 á 21:30.
- os días 4, 5, 10, e 11 de outubro: de 11:00 horas a 15:00 e de 17:00 horas á 22:00.
- o 12 de outubro: de 11:00 horas a 15:00 e de 17:00 a 21:00.

sanfroilan.info.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova