Cargando....
Concello de Lugo
19/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A ofrenda a San Froilán e o concerto de Peret serán os eventos centrais do día grande das festas


# Luns, 05/10/2009
A música tradicional galega terá o seu protagonismo ao longo de todo o día

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A cidade de Lugo celebra o luns 5 de outubro o día grande das festas de San Froilán conmemorando o día do seu patrón. Como todos os anos nesta data o acto principal do día é a tradicional Ofrenda a San Froilán que a Corporación Municipal realiza ao Santo todos os anos en representación de toda a cidadanía lucense.

O programa do día engloba un total de 17 actividades que comezan ás 11:00 horas coa apertura da Porta de San Pedro a cargo de Ignacio Rodríguez Eguibar, ex concelleiro delegado de Cultura e Educación do Concello de Lugo.

Á 11:15 horas comezará a actuación do grupo de música tradicional Arrincadeira na praza Maior ao que seguirá o grupo Cántigas e Frores.

Ás 12:00 horas comenza a xornada na Carpa do Edificio Administrativo do Concello, a do San Froilanciño 2009, o programa de actividades de ocio e de espectáculos deseñado especialmente para os cativos. Nesta ocasión haberá unha actuación de pequeno circo con Piruleta: Mundo Piruleta e ás 18:00 horas actuará Dinky: o clown do diábolo.

A música continuará co seu protagonismo a partir das 12:30 horas co concerto da Banda Municipal de Música no templete da praza Maior e o pasarrúas de música tradicional galega que ofrecerá o grupo María Castaña.

Os Pelúdez, que representarán o seu tradicional espectáculo pola Praza Maior e o recinto feiral ás 13:30 horas, poñerán fin aos actos matinais.

O progama de serán arrinca ás 17:00 horas co pasarrúas do grupo de música tradicional Arrincadeira e ás 17:30 horas na Praza do Campo o grupo Cantigas e Frores. As 18:00 horas a cita será na Praza Maior coa actuación de Devandoira ao que seguirá ás 19:00 horas Volta do Agro e ás 20:00 Cantar das Eiras.

A música cobra aínda máis protagonismo a partir das 19:30 horas co concerto de Mamá Cabra para nenos e nenas na praza de Santa María.

Un dos pratos fortes do día será o concerto de Peret. O catalán encherá de rumba a cidade a partir das 20:30 horas na Praza Horta do Seminario

Lucenses e visitantes poderán gozar dunha velada de música coa verbena popular que amenizará a orquestra París de Noia, a partir das 22:30 horas, na Praza Maior.

A noite festiva continuará nas rúas do centro histórico e no recinto feiral coas barracas e as casetas do polbo.

sanfroilan.info




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova