Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O concerto de Revólver será o eixo do martes de San Froilán


# Luns, 05/10/2009
A carpa de San Froilanciño contará con actividade para os máis cativos

Lugo continúa a celebrar as festas na honra do seu Patrón e o martes 6 de outubro comezarán os eventos festivos coa apertura da porta Falsa da Muralla a cargo do Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro ás 12:00 horas.

O programa do día continuará pola tarde coa apertura da carpa do San Froilanciño onde terá lugar a actuación de monicreques coa compañía La Chana que representarán Vulgarcito a partir das 18:00 horas. A actividade da festa para os nenos e nenas continuará ás 19:30 horas coa actuación de pallasos con Andy e Los Sueños de la Chistera.

Ás 21:30 horas a praza de Santa María acollerá o evento máis esperado do día, o concerto de Revólver. O público lucense disfrutará coa actuación de Carlos Goñi que presentará en Lugo o seu espectáculo en acústico. Durante a velada poderán escoitarse míticos e novos temas como Clarisa, 21 gramos o El Dorado.

A festa continuará como cada día nas rúas do centro histórico e no recinto feiral coas barracas e as casetas do polbo.

sanfroilan.info




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova