Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Elixidos os gañadores do 5º Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo


# Venres, 02/10/2009
A Concellería de Cultura e Turismo editará unha guía na que figurarán os establecementos participantes e promocionará a ruta do tapeo

O xurado do 5º Concurso de Tapas de Lugo, organizado pola Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, elixiu aos gañadores do certame celebrado na cidade entre o 12 e o 27 de setembro:

1º premio de tapa creativa: RESTAURANTE PAPRICA: Solombo de porco, touciño real, San Simón e cervexa negra
2º premio de tapa creativa RESTAURANTE CAMPOS: Milfollas de bacallau e verduriñas con tomate confeitado e xerminados

1º premio de tapa tradicional A TABERNA DO ESPAÑA: Carrilleira de porco con pataca e viño da Ribeira Sacra
2º premio de tapa tradicional RESTAURANTE MANUEL MANUEL: Fardelo Mareiro

Tapa que mellor marida co viño da D.O. Ribeira Sacra ou que mellor o usa como ingrediente foi a realizada pola Taberna do España: Carrilleira de porco con pataca e viño da Ribeira Sacra.

O xurado de expertos que elixiu ós catro gañadores desta edición estivo composto por:

- Patricia Cuevas - Directora do CSHG.
- Benigno Campos, cociñeiro do programa TVG Larpeiros.
- Tomás Alonso Rodríguez – xornalista presentador do programa da TVG Larpeiros.
- José María Martínez Alonso (Pepe Veiro), membro do panel de cata do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, ademais da Denominación de Orixe de Valdeorras e do Ribeiro.
- Enrique Cobos - Director do departamento de cociña IES Sanxillao.

Tapa San Froilán
Ademais dos premios arriba expostos, establécese un premio por cada modalidade, Tapa Creativa San Froilán e Tapa Tradicional San Froilán, premio que elixe o público que visita os establecementos co seu voto (vía Internet a través das páxinas web www.lugo.es ou www.lugoturismo.com ou a través dos cupóns de votación dispoñibles en cada establecemento).

Os gañadores deste ano foron:
- Premio de tapa creativa San Froilán: Segredo de vieira de MESÓN DA PELUSIÑA
- Premio de tapa tradicional San Froilán: Fardelo Mareiro do RESTAURANTE MANUEL MANUEL.

Como cada ano, o Concello de Lugo editará unha guía na que figurarán os establecementos participantes e promocionará a ruta do tapeo para que sirva de material de difusión da gastronomía lucense, e estará presente en todas as feiras turísticas, comerciais e empresariais nas que participe o Concello de Lugo, dentro e fóra de Galicia.

www.lugo.es/concursotapas




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova