Continúa o programa de apertura de portas da Muralla do San Froilán 2009
# Martes, 06/10/2009
Os encargados de abrir as portas este ano están sendo políticos lucenses e galegos
O programa das festas de San Froilán continúa a desenvolverse ao longo desta semana. O monumento máis característico da cidade, a Muralla romana, será protagonista ata o final dos festexos durante a apertura das portas.
Despois da apertura por parte de Joaquín García Díez, voceiro do Grupo Municipal Popular, da porta do Cárcere; e da Porta de San pedro a cargo de Ignacio Rodríguez Eguíbar, ex Concelleiro Delegado de Cultura e Educación, o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, abriu a Porta Falsa.
O mércores abrirá a Porta de Bispo Odoario a Delegada Teritorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias Rodríguez, e o xoves será o Deputado autonómico Ricardo Varela quen abra a Porta Nova.
O venres chegará a Lugo o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que procederá a realizar a apertura da Porta do Bispo Aguirre.
A ex Tenente de Alcalde Delegada da Área de Benestar Social, Branca Rodríguez Pazos, será a encargada de abrir o sábado 10 de outubro a Porta de San Fernando.
O Ministro de Fomento, José Blanco, realizará o Domingo das Mozas, a apertura da Porta da Estación.
E o luns haberá dúas portas protagonistas: a Porta Miñá que será aberta polo senador do Partido Popular, José Manuel Barreiro, e a Porta de Santiago que pechará o Alcalde de Lugo, José López Orozco, pechando tamén as festas do San Froilán 2009.
sanfroilan.info
Compartir: