Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo celebra o Día dos Maiores dentro da programación das festas do San Froilán


# Martes, 06/10/2009
* Ás 19:30 horas celebrarase unha degustación de carne de raza rubia galega
* Presentarase o número 6 da colección San Froilán dos Devanceiros


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Este mércores de San Froilán está dedicado aos maiores cunha festa popular que centra os actos do día.

O programa festivo arrinca ás 12:00 horas coa apertura da Porta de Bispo Odoario a cargo de Raquel Arias, delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

Ás 17:00 horas terá lugar o acto principal deste Día dos Maiores coa festa popular amenizada pola Orquestra Acordes.

Ás 18:00 na zona de xogos do San Froilanciño na carpa instalada no patio do Edificio Administrativo do Concello haberá unha actuación de monicreques coa compañía Teatro Babaluva: Lume. Ás 19:30 horas terá lugar o espectáculo de Ciencia Divertida: Misión Espacial.

Ás 19:30 horas comezará unha das novidades deste ano, a degustación de carne de raza rubia galega organizada pola Deputación de Lugo, o Concello e ACRUGA na praza de Santa María. O evento permitirá dar a coñecer os productos propios, así como promocionar a gastronomía galega a través da carne de tenreira. Trátase dun día no que continuar coa celebración das festas e, ao mesmo tempo, pór en valor un producto propio e de calidade como é a carne da rubia galega. Repartiranse preto de 1.000 quilos deste produto.

A Casa do Concello acollerá a presentación dun novo número da colección San Froilán dos Devanceiros a partir das 20:00 horas. A nova obra que pasa a englobar a colección é A festa máis fermosa do outono galaico. Os escritores falan do San Froilán, de J. Luís Calvo e Yago Rodríguez Yáñez.

Para rematar a xornada, ás 21:00 horas o artista lucense El Kiki actuará na Praza Horta do Seminario.

sanfroilan.info




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova