Cargando....
Concello de Lugo
16/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pecha ao público durante o día de hoxe o edificio administrativo do seminario por mor dunha filtración de auga


# Martes, 06/10/2009
* As chuvias destes días provocaron unha filtración que afectou a varias prantas do inmoble

Imaxe Asociada
O Concello de Lugo pecha ao público durante o día de hoxe o edificio administrativo do seminario por mor dunha filtración de auga. Así o trasladou o portavoz municipal e Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, quen explicou que a decisión responde a unha filtración de auga provocada polas chuvias dos últimos días.

O portavoz municipal destacou que “non existe perigo algún para as persoas pero, co obxectivo de acometer unha inspección eléctrica en profundidade para avaliar posibles danos, decidiuse que o persoal non traballe hoxe e pechouse a atención cidadá no inmoble”.

Así mesmo, explicou que se viron afectadas de diversa consideración as prantas terceira, segunda e primeira “o que non implica a existencia de problemas de seguridade nin de estrutura”. “Existía unha lona de protección instalada desde que comezaron as obras pero a auga filtrouse pola xunta de dilatacións, de aí que as únicas zonas afectadas sexan as deses espazos colindantes”, expuxo.

José Rábade deu conta, ademais, de que previsiblemente mañá a actividade volverá á normalidade de xeito que recuperen a súa actividade os 180 traballadores que desempeñan a súa labor no inmoble.

As investigacións que se leven a cabo por parte do Concello estudarán se a empresa que está acometendo as obras tomou as precaucións debidas e, no caso contrario, “imporase a debida penalización”, destacou Rábade.

Feirantes
En relación coa ubicación das caravanas dos participantes no feiral, José Rábade, informa de que aquelas que se atopan situadas en zonas non habilitadas para tal efecto, foron advertidas de que teñen que ser retiradas e pasar a ser instaladas na zona autorizada.

De non proceder, a Policía Local efectuará o seu levantamento de xeito inmediato.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova