Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Sevigny e Nacho Vegas serán os protagonistas do programa do xoves


# Mércores, 07/10/2009
O San Froilanciño continúa coas actividades para entreter aos máis cativos

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O programa de festas do San Froilán continúa a desenvolverse na xornada do xoves chegando ao ecuador das festas.

Ás 12:00 horas comezarán os actos festivos coa apertura da porta Nova a cargo de Ricardo Varela, deputado autonómico e membro da Mesa do Parlamento Galego.

Xa pola tarde comezarán as actividades para os máis cativos na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo do Concello. Haberá dous espectáculos de monicreques para os nenos e nenas a cargo de La Rous que interpretará La casa del abuelo en dous pases o primeiro ás 18:00 e o segundo ás 19:30 horas.

Ás 21:00 horas comezará a actividade musical da xornada cos concertos de Sevigni e Nacho Vegas na praza de Santa María.

O grupo coruñés composto por Lucía e Xulio presentarán os seus temas refrescantes e diferentes dun estilo independente.

Pola súa banda, o cantautor asturiano Nacho Vegas, interpretará os seus traballos que estilísticamente oscilan entre a música folk, o pop e o rock.

sanfroilan.info




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova