Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O estilo urbano do Hip Hop encherá a praza do Seminario no quinto día das festas de San Froilán


# Xoves, 08/10/2009
A maxia chega á carpa do San Froilanciño da man do Mago Rafa e Chrystyan Magic

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O venres día 9 continúa o programa das festas na honra do patrón da cidade cun bo número de actividades.

O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, será o encargado da apertura da porta do Bispo Aguirre ás 12:00 horas.

Ás 18:00 horas comezará a tarde maxia con Chrystyan Magic e o Mago Rafa na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo do Concello.

Os espectáculos musicais arrincarán co concerto de Michele McCain Blues Band na praza de Santa María a partir das 20:30 horas. A artista que colaborou con algúns dos grandes como B. B. King, Tete Montoliu, Celia Cruz o Hank Jones fará disfrutar ao público lucense coas súas interpretacións sobre o escenario.

Os concertos continuarán coa noite de Hip Hop que terá lugar na praza Horta do Seminario a partir das 22:30 horas. Serán un bo número de grupos de estilo urbán os que pasen por este escenario: DJ MVP a.k.a. Unknown Man, Anubis Metal jack, S. Medina, Socker a.k.a. El Mal Agüero e La excepción.

A animación de rúa estará protagonizada polas charangas Madia Leva e Charanga.es, e non faltará a familia Pelúdez polas rúas do centro histórico da cidade.

Ás 23:30 horas comezará a verbena na Praza Maior a cargo da orquestra Sintonía de Vigo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova