Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Corporación de Ferrol visita a cidade de Lugo no día dedicado a este municipio coruñés durante o San Froilán


# Venres, 09/10/2009
* O folklore tradicional será un dos protagonistas do día
* Amaral actuará na Praza do Seminario a partir das 22:00 horas


Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e outros membros da Corporación municipal recibirán na Casa do Concello á Corporación do Concello de Lugo co seu Alcalde, Vicente Irisarri. Esta recepción ten lugar, como xa é tradicional, coincidindo coa celebración do día dedicado a esta vila dentro do San Froilán.

Pero este non será o único acto oficial do día. Ás 12:00 horas a ex tenente de alcalde e delegada da área de Benestar Social do Concello de Lugo, Branca Rodríguez Pazos, procederá á apertura da porta de San Fernando.

Ás 17:30 horas serán recibidos na Casa do Concello os participantes no VII Festival de Folklore Tradicional incluído dentro do programa das festas e que se celebrará a partir das 18:00 horas na praza de Santa María.

A animación de rúa estará presente ao longo de todo o día coa Rondalla Trovadores de Ferrol, a Charanga Trópico de Grelos e a familia Pelúdez.

Os máis cativos poderán disfrutar das actividades do San Froilanciño xa desde pola mañá coa actuación de monicreques baixo título Inolvidable Quijote a cargo de Ángeles de trapo. E pola tarde disfrutarán coa actuación musical de César o home orquestra e Santiago Aldeguer, a partir das 18:00 horas.

O protagonista musical do día será o dúo Amaral. Eva Amaral e Juan Aguirre presentarán en Lugo o seu espectáculo da xira La barrera del sonido, na que interpretan todos os seus éxitos en directo ante o público lucense.

A festa continuará no recinto feiral e coa verbena a cargo da orquestra Miramar na Praza Maior a partir de media noite.

San Froilán deportivo
A xornada deportiva deste sábado comezará ás 11:00 horas co Campionato Galego de Maquetas de Aeromodelismo que terá lugar no Campo de Voo das Gándaras.

Retomarase a actividade deportiva a partir das 16:00 horas no Campo Municipal de Béisbol do Ceao coa celebración do I Torneo San Froilán de Béisbol de Veteranos.
Para rematar a xornada, a partir das 20:00 horas o Círculo das Artes acollerá o Campionato Galego de Billar a tres bandas.

sanfroilan.info




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova