Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Feira Medieval protagoniza o último día das festas de San Froilán


# Domingo, 11/10/2009
Fuxan os Ventos e invitados actuarán na Praza Horta do Seminario

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O último día das festas non decae en canto ao número de actividades. O Día do Pilar comezará ás 11:00 horas coa apertura da Porta Miñá a cargo do senador José Manuel Barreiro.

Os actos do día continuarán ás 11:30 horas coa apertura da Feira Medieval na praza Pío XII transportando aos visitantes a un tempo pasado. Postos engalanados ao xeito da época, mercadorías artesanais, traxes medievais, espectáculos... encherán a contorna da catedral con vistosidade ao longo de todo o día.

Aproveitando a festividade, os cativos poderán disfrutar dende primeira hora das actividades na zona de xogo de San Froilanciño, na carpa do edificio administrativo do Concello. Neste emprazamento haberá actuacións de teatro, humor e circo.

Á unha da tarde a Banda Municipal dará un concerto no templete da Praza Maior interpretando pezas de diferentes maestros.

O tradicional peche da porta de Santiago será ás 19:30 horas a cargo do Alcalde de Lugo, José López Orozco.

A partir das 20:00 horas as rúas enchéranse de son e de cor coa animación de coa charanga Os amigos do Manolo polo centro histórico da cidade.

Os fogos artificiais porán o broche de ouro a estas festas de San Froilán 2009. Comezarán ás 21:00 a cargo de Pirotecnia Resúa e poderanse contemplar perfectamente dende o Adarve da Muralla, no tramo comprendido entre as portas do Bispo Odoario e Aguirre.

Ás 21:15 horas comezará o concerto de Fuxan os Ventos. Unha actuación moi esperada na que estarán acompañando ao grupo Xabier Díaz (Berrogüetto), Guadi Galego (Berrogüetto, Nordestinas), Pepe Ferreirós (Milladoiro), Nova Galega de Danza, Miguel Lustres e Sabela.

Xa ás 23:00 horas a orquestra Panorama pechará este San Froilán 2009 enchendo de música a praza Maior.


Actividades Deportivas
Nesta última xornada das festas o deporte tamén terá o seu protagonismo. Ás 10.00 horas comezará o IX Concurso de pesca de Ciprínidos no tramo libre do Río Miño e á mesma hora comezará o III Trofeo de Bowling Cidade de Lugo- As Termas na bolera deste centro comercial.

Unha hora máis tarde dará comezo o XXXII Memorial de Atletismo Gregorio P. Rivera no estadio que leva o seu nome.

Ás 12:00 horas dará comezo o VII Open San Froilán Billar Pool Bola 8 nos locais dos clubes lucenses.
 
Ás 20:30 horas terá lugar a despedida do programa deportivo das festas coa V Gala Premios El Progreso ao Deporte Lucense no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

sanfroilan.info




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova