Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo apela á unión dos Concellos de Ferrol, As Pontes, Vilalba e Lugo para conformar "un eixo de desenvolvemento económico que todos debemos apoiar"


# Sábado, 10/10/2009
* José López Orozco, Vicente Irisarri e ambas as corporacións municipais participaron nos actos do día de Ferrol no marco das Festas de San Froilán

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
* López Orozco manifesta o apoio do Concello de Lugo coa candidatura de Ferrol para ser declarado Patrimonio Mundial
* Salienta que Ferrol pasaría a formar parte xunto con Santiago, A Coruña e Lugo das cidades que conformarían o cuadrilátero do Patrimonio Mundial Galego
* Sauda o anuncio da apertura da autovía entre Ferrol e Lugo que posibilitará “que as dúas cidades estean máis próximas”

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, apelou hoxe á unión dos Concellos de Ferrolterra, As Pontes, Vilalba e Lugo para conformar “un eixo de desenvolvemento económico que todos debemos apoiar”. Así o expuxo no acto de recepción da corporación municipal da cidade departamental o día no que as Festas do San Froilán celebran o irmanamento con Ferrol.

“Aí temos un novo reto, expuxo, e tamén un soño que debe contar coa colaboración de todos os alcaldes”. “O eixo económico que teremos que desenvolver e apoiar debe contar coa axuda doutras institucións, así como coa iniciativa privada”, resaltou.

“Agora que a vosa cidade conta co Plan Ferrol e Lugo xa ten aprobado o seu propio plan é o momento de apoiar ese encontro, ese eixo económico posible gracias á conexión por autovía e ao AVE”. “Temos por diante un camiño de traballo en común, a Galicia interior necesita desenvolverse, polo que temos que aproveitar o momento que nos brindarán as novas comunicacións”, destacou.

“Somos dúas cidades que colaboramos, que nos entendemos e que traballamos co obxectivo común de desenvolver Galicia e España no marco da Unión Europea. Porque desenvolvendo as nosas cidades, desenvolveremos o demais”, indicou.

Tradición centenaria
López Orozco destacou que “é un pracer que un ano máis e de xeito amistoso as cidades de Lugo e Ferrol nos sigamos vendo con motivo das nosas festas patronais”. “Seguimos colaborando como dúas cidades irmáns con obxectivos comúns baseados no servizo aos cidadáns”, expuxo.

Cuadrilátero máxico do Patrimonio Mundial
Na súa intervención, o Alcalde de Lugo manifestou o seu apoio e o do seu Goberno á candidatura que Ferrol presentou á Unesco para que a cidade departamental sexa declarada Patrimonio Mundial. López Orozco recordou que Santiago, A Coruña e Lugo conforman o triángulo máxico do Patrimonio Mundial galego unidos polo Camiño de Santiago e que “estamos desexando que Ferrol pase a formar parte desa unión creando o cuadrilátero máxico do Patrimonio Mundial Galego”.

López Orozco valorou o traballo de ambas as cidades a prol do avance, da mellora das comunicacións, das infraestruturas. Así, destacou o apoio establecido entre as institucións “o que fará posible a chegada do AVE e da autovía que conectará ás dúas cidades”.

Como exemplo de colaboración, López Orozco referiuse ao convenio asinado recentemente entre o Ministro de Fomento e o Presidente da Xunta para a chegada do AVE a Galicia. “É a seguridade de que Galicia, Ferrol e Lugo teremos o tren, ese cordón umbilical co resto de Galicia, España e Europa”.

Neste sentido, o Alcalde de Lugo expuxo que, tal e como xa se avanzou, na primavera de 2010 haberá autovía entre Ferrol e Vilalba, de xeito que Lugo e a cidade departamental estarán máis próximas. “Saudamos o anuncio e esperamos que se faga realidade”, indicou.

Lugo, un exemplo para as demais
Pola súa banda, o Alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, referiuse a Lugo como unha cidade “que desprende optimismo, ledicia e festa. Un exemplo para as demais”. Así mesmo, destacou “a necesidade de reactivar os vínculos que existen entre ambas cidades, así como a de tecer novas relacións e crear novas redes de cooperación que estimulen a economía de ambos os municipios, a través por exemplo do turismo”.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova