Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe ao Presidente de Cantabria na súa primeira visita institucional á comunidade


# Sábado, 10/10/2009
* Miguel Ángel Revilla viaxou a Lugo convidado polo Alcalde para celebrar o San Froilán
* Anuncia que o próximo mes de xaneiro será o pregoeiro da festa do berberecho de Foz


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
* Logo da recepción oficial na Casa do Concello o Presidente cántabro percorreu un tramo do Camiño de Santiago convidado polo Presidente da Deputación de Lugo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu ao presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, e á súa dona, Aurora Díaz, na súa primeira visita institucional a Galicia para celebrar en Lugo as festas do San Froilán. López Orozco destacou que “é un auténtico pracer” recibir ao presidente de Cantabria en Lugo.

Así mesmo, trasladoulle que valora o seu traballo por “estar facendo algo ben en política, que sea respectada, querida, vista como algo natural grazas á túa actitude”. “Eres o segundo presidente que visita Lugo polo lo que celebramos a túa presencia e estamos agradecidos de que esteas celebrando o San Froilán con nós”.

“Esperamos que en Lugo te atopes como na casa, pertencemos a dúas cidades que cada vez están máis próximas gracias ao compromiso do Ministro de Fomento e a esa autovía do Cantábrico que cada vez nos acercará máis polo que tamén confiamos en que volvas a Lugo”, expuxo.

Neste sentido, o Presidente cántabro avanzou que en xaneiro do próximo ano visitará Foz onde participará como pregoeiro na festa do berberecho.

Agasallos
O Alcalde de Lugo entregoulle unha zanfoña cunha melodía da cantiga de Alfonso X o Sabío que lle compuxo á patrona de Lugo. Así mesmo, entregoulle un libro sobre a Muralla e, á súa dona, un rosetón en prata coa Catedral.

Pola súa banda, o presidente de Cantabria fíxolle entrega ao Alcalde de dous libros nos que se recolle a historia do Camiño de Santiago e os lazos de unión entre ambas as comunidades.

Orixe da visita
Na súa intervención Revilla expuxo: “Estoy en Lugo porque el día de la toma de posesión de José Blanco como Ministro de Fomento, se me acercó el Alcalde y me dijo que sería una ilusión enorme que viniera a conocer Lugo. Yo soy poco dado a salir de Cantabria salvo a Madrid y Barcelona, pero mi mujer tiene raíces gallegas y me habla de Galicia y de su familia gallega y me ha dicho que quería estar aquí”.

“Desde que he llegado he recibido tal cantidad de cariño por la calle de gente amable, extraordinaria, estoy encantado”.

Firma no libro de ouro
“Ya era hora de conocer Galicia (¡Perdón!) Y lo hago por Lugo. Tantas similitudes con Cantabria... Montaña (ganaderos) y mar (marineros)...como mi tierra. Verdes las dos. Lugo y Cantabria tierras de emigrantes de gentes laboriosas y honestas. ¡Me encuentro en casa! Lucus Augusti, Lugo... Lugar, añado emocionado, ¡maravilloso!”

A continuación, o presidente cántabro participou en Km0 a Compostela invitado polo Presidente da Deputación, Gómez Besteiro. Percorrido no que tamén participou o Alcalde de Lugo.

O titular do organismo provincial agradeceulle a Revilla a súa participación nesta iniciativa coa que a Deputación se adianta ó Ano Santo, e se converte na primeira administración que pon en marcha un programa organizado para promocionar os catro Camiños que pasan pola provincia de Lugo: o Francés, o Primitivo, o da Costa e o do Sur. “Esta es una oportunidad extraordinaria para crear empleo y mejorar la economía no sólo de Galicia sino también de los distintos Concellos por los que pasa el Camino. El último Xacobeo trajo a Galicia 4 millones de personas, y en la Diputación no quisimos dejar pasar esta oportunidad con la que generaremos riqueza en la provincia”.

Km0 a Compostela
Km0 a Compostela, formado por 25 rutas, é unha das alternativas da segunda etapa de Km0.Deputación de Lugo que está formada tamén por Km0 Xtreme e o Km0. Nesta fase, pásase de 88 rutas a 12. A segunda etapa rematará en xuño de 2010 e, nestes momentos, máis de 16.000 persoas xa se interesaron pola iniciativa, aínda que as previsións indican que cando remate a segunda fase chegarase ás 22.000.

Da mesma forma, o titular do organismo provincial lembrou que, outras Deputación de España, así como, alcaldes asturianos que nos últimos días participaron en Km0, tamén amosaron o seu interese por este programa.“Esto demuestra que estábamos en lo cierto, que el medioambiente de Lugo es una oportunidad de negocio para la provincia. Con esta iniciativa, que se incluye en el programa Lug02, avalado por la Unión Europea, estamos contribuyendo a mantener 3.000 puestos de trabajo, algo que no es una cuestión menor teniendo en cuenta el momento de dificultad económica que estamos viviendo”.

Un treito do Camiño Primitivo
O Presidente de Cantabria foi recibido na Casa do Concello polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, e polos membros da Corporación Municipal, onde asinou no Libro de Ouro da cidade. A continuación, a comitiva oficial desprazouse ata o río Rato para percorrer un treito do Camiño Primitivo e amosarlle ó responsable cántabro unha das rutas de Km0 a Compostela que transcorren pola provincia.

Gómez Besteiro explicou que “Lugo es la puerta de entrada por excelencia ya que, por la provincia, transcurren más de 800 quilómetros de peregrinación cara Santiago. En este punto, convergen dos de los Caminos que atraviesan Lugo: el Primitivo y el de la Costa”.

No transcurso do encontro, Gómez Besteiro fíxolle entrega a Revilla dun lote de produtos autóctonos da campaña Lugo Sabe coa que o organismo provincial potencia o comercio e as empresas luguesas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova