Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo salienta a consolidación do San Froilán como a festa de referencia galega


# Martes, 13/10/2009
* Unhas 900.000 persoas visitaron a cidade durante os días de celebración, o que supuxo unhas ganancias mínimas de 9 millóns de euros

Imaxe Asociada
* Todas as actividades do programa de festas contaron cun gran número de participantes


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, fixo balance das festas de San Froilán 2009 do que dixo que está claro que está consolidada como a festa galega máis importante á que axuda a tradición, o programa e o numeroso público que asiste, así como a presenza das personalidades que visitan Lugo nestas datas. Así referiuse á presenza do Presidente da Xunta de Galicia, o Presidente de Cantabria e o Ministro de Fomento.

Segundo os datos facilitados pola policía Local e Protección Civil do Concello estimáronse en 900.000 as persoas que visitaron a cidade nos días de festas, sendo os de máis afluencia o Domingo das Mozas con 250.000, o sábado día 10 de outubro con 200.000 e o Día do Pilar con 150.000. O Alcalde fixo un cálculo estimativo dos cartos que puido reportar á cidade estes festexos, “se cada persoa que visitou a cidade gastou un mínimo de 10 euros nos establecementos hostaleiros e comercios lucenses supuxo unhas ganancias de 9 millóns de euros; se o gasto fose de 20 euros, contando o gasto nas atraccións e na oferta que recolle o feiral, ese gasto na cidade ascendería a 18 millóns de euros” e engadiu “merece a pena a inversión que facemos os lucenses xa que é unha inxección importante para a economía da cidade”.

Os hoteis da cidade contaron cunha ocupación durante as fines de semana do 100%, algo que se extendeu aos concellos limítrofes nun radio de 40 qm. Nos días de semana, a ocupación dos hoteis rondou o 80%.

O Alcalde resaltou a gran participación nos diferentes eventos do programa elaborado polo Concello. Ao redor de 3.500 nenos participaron nas actividades infantís da carpa do San Froilanciño, e ao redor de 100.000 persoas asistiron aos concertos, sendo os máis populares o de Amaral con 30.000 persoas e Fuxan os Ventos con 13.000 asistentes. Así mesmo, as actividades incluídas no programa deportivo do San Froilán contou con máis de 2.000 participantes.

A oficina de turismo do Concello de Lugo sita no Centro de Interpretación da Muralla, así como no espazo habilitado na Praza da Constitución atenderon a máis de 12.000 persoas. No San Froilán 2009 destacaron os visitantes que se achegaron á cidade dende diferentes zonas de Galicia, pero tamén de Castela e León, Cataluña, Valencia, Cantabria e Madrid, pero tamén vidos de fóra das nosas fronteiras: Italia, Portugal, Reino Unido e Sudamérica.

O Alcalde resaltou o bo funcionamento do Plan de Tráfico, “é verdade que houbo dificultades, pero melloramos na sinalización do servizo de bus urbano, que foi utilizado por máis de 3.000 persoas, e dos aparcamentos disuasorios”. López Orozco subliñou o traballo desenvolvido polos corpos e forzas de seguridade, tanto da Policía Local, como da Nacional, Garda Civil, Protección Civil e Bombeiros, que dedicaron moitas horas para garantir o normal desenvolvemento dos festexos. Engadiu, ademais, un agradecemento a todas aquelas persoas que de xeito anónimo colaboran para que as festas fosen un ano máis un éxito.

Neste senso agradeceu enormemente os traballos efectuados polo Servizo Municipal de Limpeza, que puxo a 46 persoas en servizo e que nos días de festa recolleu 1.582 toneladas de lixo con 4 valdeadoras con barrido mixto, 3 barredoras con barrido mixto con soplador, 3 recolectores pequenos, 1 camión pequeno, 1 tractor de limpeza, 2 motocarros con persoal, 2 furgonetas, 3 hidrolimpadoras e 2 minibarredoras.

“Lugo coas súas festas patronais realiza unha campaña de promoción da cidade enorme: repártense 50.000 programas de San Froilán, e 10.000 de San Froilanciño, ademais conta cunha ampla presenza nos medios de comunicación locais, autonómicos e nacionais, escritos, audiovisuais e en Internet”, explicou o Alcalde.

Desde este momento xa estamos a traballar na preparación das festas do San Froilán do ano que ven e nas festas do Arde Lucus MMX, explicou o Alcalde, “unhas festas para as que faremos un esforzo maior xa que promocionaremos os 10 anos de declaración da Muralla como Patrimonio Mundial e o Camiño de Santiago no Ano Xacobeo”.

sanfroilan.info


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova