Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan as clases de Educación Vial nos centros educativos do Concello de Lugo


# Martes, 13/10/2009
Os alumnos recibirán dúas horas de teoría e no mes de xaneiro comezarán coas clases prácticas

Un novo curso a Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, e o Parque Infantil de Tráfico iniciaron hoxe martes, 13 de outubro, o ciclo de clases teóricas de Educación Vial que se impartirán nos 25 centros educativos do Concello de Lugo, e nas asociacións de Aspnais, Fogar de Santa María e Síndrome de Down Lugo.

Ata o Nadal as clases de Educación Vial terán lugar nos propios centros educativos e centraranse exclusivamente na teoría. Cada grupo de alumnos asistirá a dúas horas de clase teórica de Educación Vial.

Será a partir de xaneiro cando as rapazas e rapaces lucenses asistan ás clases prácticas de bicicleta e kart no Parque Infantil de Tráfico López Mella situado no parque de Frigsa.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova