Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza a I Xuntanza de Alumnado Mediador de Galicia


# Mércores, 14/10/2009
* Participarán alumnos de once IES galegos e un de León
* As xornadas serán inauguradas polo Alcalde de Lugo mañá


Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presentou a I Xuntanza de Alumnado Mediador dos centros educativos de Galicia organizada polo Concello de Lugo a través do programa Vivir Xuntos, Convivir e que será inaugurado mañá polo Alcalde de Lugo, José López Orozco.

Vieiro explicou que “é a primeira ocasión na que se organiza un evento destas características na nosa comunidade autónoma, xa que polo xeral están dirixidos ao profesorado en lugar do alumnado”.

Os obxectivos perseguidos con esta xuntanza é que sexan os propios rapaces e rapazas os que falen sobre a convivencia nos centros e que debatan sobre o seu papel na resolución de conflitos e na educación en valores como o respecto, a tolerancia ou o diálogo. O evento pretende contribuír á mellora na formación do alumnado mediador a través da relación entre iguais, compartido coñecementos e experiencias dos diferentes centros. A Concelleira lembrou que a cidade de Lugo forma parte de Cidades pola Paz o que persegue a consolidación da cohesión social e a convivencia urbana harmoniosa.

Participarán 12 centros nesta xuntanza, seis da provincia de Lugo, cinco do resto de Galicia e un centro invitado da provincia de León, de cada centro virán 4 o 5 alumnos e farán unha análise dos resultados de todos os centros que puxeron en marcha o programa de Vivir Xuntos, Convivir.

O programa desenvolverase entre o xoves 15 de outubro e o domingo 18 na residencia Xuvenil Lug II. Ao longo destes catro días haberá diferentes actividades como xogos cooperativos, conferencias, obradoiros sobre códigos de conduta, difusión da medación ou psicodrama. Os participantes terán tamén a oportunidade de realizar unha visita guiada pola cidade e disfrutar dun recital poético e dunha función teatral a cargo da Aula de formación teatral do Concello de Lugo.

A Concelleira resaltou a calidade educativa e pedagóxica dos profesionais que participarán:

- Mario Salvador Fernández, psicólogo clínico e analista transacional.
- Belén Piñeiro, educadora social experta en dinámica de grupos e xogos cooperativos.
- Silvina Funes Lapponi, Socióloga profesora da Universidade Carlos III e experta en mediación.
- Manuel Blanco Rábade, orientador do IES Leiras Pulpeiro e coordinador do programa Vivir Xuntos Convivir.
- Xesús Pablo González, profesor do equipo de mediación do IES Leiras Pulpeiro.
- Jorge Paz, psicólogo experto en psicodrama.
- Bernardo Carpente, profesor experto en creación literaria e elaboración de monicreques.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova