Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe aos 200 acompañantes do Congreso Nacional de Enxeñería Hospitalaria que hoxe visitan a cidade


# Xoves, 15/10/2009
Os acompañantes, chegados de toda España, realizarán un percorrido polos museos da cidade

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá na sede da Fundación CaixaGalicia aos 200 acompañantes do Congreso Nacional de Enxeñería Hospitalaria que se está a desenvolver en Santiago. Os acompañantes dos congresistas visitan a cidade de Lugo onde farán un percorrido polos museos da cidade.

Na súa intervención, López Orozco indicoulles que Lugo é unha cidade que representa á perfección a Galicia pola súa natureza urbana e rural. “Unha cidade que se fai entre todos e ideal para vivir”. Entre os tesouros cos que conta a cidade o Alcalde de Lugo faloulles da Muralla Romana, a gastronomía, a mellora das comunicacións, a Catedral ou o paseo do Miño “que abraza á cidade”.

Congreso Nacional
O XXVII Seminario de Enxeñería Hospitalaria, Congreso Nacional, celebrase en Santiago de Compostela entre o 14 e o 16 de outubro.
A auga, usos e xestión en centros sanitarios é o tema elixido para esta edición. Os expertos están a debater sobre a xestión deste recurso natural baseada na sostenibilidade do sistema e a súa implicación no funcionamento das infraestruturas e os seus equipamentos.

Consideran que as novas infraestruturas sanitarias deben dar resposta aos novos retos lanzados desde a sociedade para unha maior bioseguridade ambiental, alta eficiencia e maior confort.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova