Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo anima "ao traballo en común pola paz , por unha Europa máis solidaria e máis xusta"


# Xoves, 15/10/2009
* José López Orozco inaugurou a I Xuntanza de Alumnado Mediador de Galicia
* Nas xornadas participan alumnos de once IES galegos e un de León e desenvolveranse ata o vindeiro domingo 18 de outubro


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, animou hoxe a alumnos e profesores “a traballar en común pola paz, por unha Europa máis solidaria e máis xusta”. Así o salientou na inauguración esta mañá da I Xuntanza de Alumnado Mediador dos centros educativos de Galicia organizada pola Concellería que dirixe Dolores Vieiro a través do programa Vivir Xuntos, Convivir na que participan preto de 50 alumnos de diferentes IES de Galicia e León.

López Orozco salientou a importancia da comunidade escolar para lograr “que haxa unha boa convivencia no entorno familiar e escolar de cara a alcanzar unha maior tolerancia, a comprensión do outro”. “A convivencia debe ser o espazo que ocupa a nosa vida, hai que buscar un común denominador que fructifique nesa semente que é a paz, a tolerancia”, expuxo.

Na súa intervención, o Alcalde de Lugo animou aos participantes na xuntanza a traballar en común para mellorar a convivencia e “lograr unha sociedade mellor, con cidadáns máis libres, máis responsables e que teñan máis coñecementos co fin de que as ideas se expandan e conseguir unha Europa, unha España e unha Galicia en paz, máis solidaria e máis xusta”.

Xuntanza pioneira en Galicia
Trátase da primeira vez na que se organiza unha xornada de alumnos mediadores en toda Galicia. Os obxectivos perseguidos con esta xuntanza é que sexan os propios rapaces e rapazas os que falen sobre a convivencia nos centros e que debatan sobre o seu papel na resolución de conflitos e na educación en valores como o respecto, a tolerancia ou o diálogo. O evento pretende contribuír á mellora na formación do alumnado mediador a través da relación entre iguais, compartido coñecementos e experiencias dos diferentes centros.

Participan 12 centros nesta xuntanza, seis da provincia de Lugo, cinco do resto de Galicia e un centro invitado da provincia de León que realizarán unha análise dos resultados de todos os centros que puxeron en marcha o programa de Vivir Xuntos, Convivir.

O programa desenvólvese entre hoxe xoves, 15 de outubro, e o domingo 18 na residencia Xuvenil Lug II. Ao longo destes catro días haberá diferentes actividades nas que participarán os asistentes como xogos ou conferencias.

Na xornada inaugural os rapaces e rapazas participantes realizaron unha sesión de xogos cooperativos dirixida por Belén Piñeiro, educadora social e experta en dinámica de grupos, asistiron á conferencia Axuda entre iguais e desenvolvemento persoal. Xa pola tarde participaron en dous obradoiros, un sobre mediación e outro sobre código de conduta, impartidos por Silvia Funes, socióloga e experta en mediación, e Manuel Blanco, coordinador do programa de convivencia Vivir, Xuntos Convivir.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova