Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo será a sede da Primeira División Nacional de Jockey Liña


# Venres, 16/10/2009
Será no polideportivo da Piringalla mañá sábado 17 de outubro

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recordou esta mañá que “fai case un ano dende que se realizou o cambio do pavimento por un máis axeitado para a práctica de hockey e patinaxe artístico no polideportivo de A Piringalla e xa vai ser a sede da Primeira División Nacional de Hockey Liña”.

Esta xornada que dispútase mañá sábado 17 de outubro foi presentada polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Vice-Presidente da Real Federación Española de Patinaxe, Ignacio Gonzalez Pereira, o Presidente do Comité Nacional de Hockey Liña da RFEP, Ignacio Rodríguez Tejedor, o Presidente da Federación Galega de Patinaxe, Enrique García-Raposo Sánchez, e o Presidente do Club Hockey Liña Lugo, Carlos Ouro.

Segundo explicaron os organizadores do evento a competición consta de 18 equipos de ata 11 comunidades e se disputa nunha primeira fase por grupos e sedes.

Os seis equipos que disputarán as dúas primeiras xornadas desta competición en Lugo son:
- Club Ludic Medina del Campo de Castela e León.
- CP Linea Jacetania de Aragón.
- HL Lugo.
- SPV Patinaje de Madrid.
- Metropolitano HC do País Vasco.
- CPL Valladolid de Castela e León.

A competición comezará ás 11:00 horas pola mañá e ás 17.00 horas pola tarde, xogándose un total de seis partidos.

Adecuación do polideportivo da Piringalla
O Alcalde recordou o forte investimento realizado nos últimos anos en instalacións deportivas. En outubro do ano pasado a Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío, realizou un cambio do pavimento do polideportivo por un máis axeitado para a práctica de hockey e patinaxe artístico por un importe de 54.185 euros. O Concello instalou esta pista importada de Estados Unidos que “foi utilizado nos últimos campionatos do mundo de jockey, algo que nos enche de orgullo”. Este pavimento é compatible coa práctica doutros deportes, polo que as instalacións continuarán abertas a todos os deportistas que desexen practicar no pavillón.

Estas melloras demostran o apoio do Goberno Local ao deporte lucense e a súa aposta polo deporte de base. O obxectivo do equipo de Goberno é proporcionar aos deportistas lucenses as instalacións coas mellores condicións para a práctica das súas disciplinas o que se ven a confirmar coa celebración dun evento destas características.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova