Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto do 44% dos participantes no programa Lugo Contigo promovido polo Concello atoparon un emprego


# Venres, 16/10/2009
O Concello de Lugo pon en marcha a segunda edición do programa que amplía o número de beneficiarios ata 100

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentou esta mañá o programa de emprego Lugo Contigo II acompañada polos representantes de diferentes asociacións que traballan coas persoas con discapacidade: COGAMI, Auxilia, Aspnais, Fademga, Asociación de Xordos, Down Lugo e Feafes. Trátase da segunda edición dun programa subvencionado pola Consellería de Traballo que o ano pasado tivo moito éxito polo que este ano se ampliou o número de beneficiarios de 55 a 100.

Dende que o Concello de Lugo iniciou o programa en novembro de 2008 formalizouse o contrato laboral do 43´6% dos participantes, unha cifra que segundo a Concelleira superou as previsións do 33%.

A Concelleira explicou que o programa está dirixido ás persoas que contan con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral: persoas con discapacidade, mulleres, inmigrantes, desempregados de longa duración… que realizan prácticas en empresas lucenses de diferentes sectores: xardinería, loxística, axuda a domicilio, alimentación, transporte e actividades de tempo libre. Estas empresas reciben unha axuda pola contratación en prácticas dos participantes e adoptan o compromiso de contratar a lo menos á terceira parte deles. A Concelleira expresou a súa “satisfacción xa que ademais dos contratos temporais acadados, varios dos participantes foron contratados indefinidamente”.

A Concelleira explicou que con este programa o equipo de Goberno continúa a cumprir co seu compromiso e interese por acadar a inserción laboral dos cidadáns, especialmente daqueles que teñen maiores dificultades no acceso ao mercado laboral.

As bases publicaranse nos vindeiros días pero a filosofía do programa é remunerar as prácticas en empresas por parte dos beneficiarios e facilitar a súa posterior contratación por parte das mesmas.

Segundo explicou a Concelleira esta edición conta cunha subvención de 143.000 euros dos cales 107.250 son para o ano 2009 e o resto 35.750 para o ano 2.010.

A Concelleira animou aos empresarios da cidade a sumarse a esta iniciativa, e indicou que “pola nosa banda continuaremos a traballar para procurar o maior benestar posible aos cidadáns”.

Lugo Contigo I
A primeira edición deste programa de emprego rematou o pasado 31 de agosto e contou coa participación de 55 persoas, 34 mulleres e 21 homes.

Os participantes realizaron prácticas laborais en 11 empresas que se adscribiron á iniciativa do Concello:

- Gestagua.
- Limpiezas domiciliarias lucenses.
- Calfensa.
- Arroupar
- Abrite
- Urbaser
- Cruz Roja
- Ecovame
- Carrefour
- Portosar
- Arenal

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova