Imprimir

O ALCALDE DE LUGO EXPRESA O SEU APOIO Á MANIFESTACIÓN EN FAVOR DO GALEGO


16/10/2009 López Orozco recibiu aos representantes da plataforma cidadá Queremos Galego

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá na Casa do Concello aos representantes da plataforma cidadá Queremos Galego. O Alcalde de Lugo manifestoulles o seu apoio na labor que están a realizar na defensa do idioma galego. Así mesmo, expresou o seu apoio á manifestación convocada en Santiago en defensa do galego que se celebrará este domingo.

O Alcalde de Lugo explicou que o idioma non debe ser motivo de confrontación política e se debe buscar o consenso en materia lingüística.

Plataforma cidadá
Os representantes da plataforma explicáronlle ao Alcalde que agardan que máis de 2.000 persoas da comarca asistan este domingo a Santiago de Compostela á manifestación convocada por distintas asociacións de toda Galicia en apoio ao galego.

Queremos Galego é unha plataforma cidadá, conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que nace da vontade de articular unha ampla resposta colectiva a favor da lingua galega.