Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco pon de manifesto a vontade e o diálogo do Concello de Lugo de cara a acadar "unha sociedade máis desenvolvida e unha industria forte"


# Venres, 16/10/2009
* José López Orozco participou hoxe na inauguración das novas instalacións da Asociación de Empresarios de Transportes Discrecionais de Mercancías, Tradime

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
* Destaca o compromiso coa cidade do Goberno de España, un apoio que espera obter tamén da administración galega

* Salienta que a Nova Ponte, a Estación Intermodal e as novas autovías axudarán a poñer Lugo no mapa das comunicacións

* Remarca que as empresas contarán sempre “co noso apoio para que Lugo conte tamén no mapa das industrias fortes, competitivas, á altura das esixencias que establece convivir en Europa”

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, puxo de manifesto hoxe a vontade e o diálogo que caracterizan ao Concello de Lugo “de cara a acadar obxectivos comúns que aposten por unha sociedade máis desenvolvida e unha industria forte, capaz de competir máis alá do noso territorio´”. Así o expuxo no acto de inauguración das novas instalacións da Asociación de Empresarios de Transportes Discrecionais de Mercancías, Tradime, no que estivo acompañado pola presidenta da asociación, entre outros.

Unha vontade que, como destacou, “o Concello de Lugo atopou no Goberno de España a un fiel colaborador que ten manifestado o seu compromiso decidido coa cidade”. “Un apoio que esperamos obter tamén doutras administracións como a galega”, indicou.

Neste sentido, expresou a súa confianza en que o polígono industrial das Gándaras “sexa unha realidade o antes posible para dar acubillo a un bo número de iniciativas empresariais que axudarán a consolidar unha industria propia e diferenciada”.

López Orozco destacou a importancia do acto de hoxe, posto que enriquece o tecido empresarial lucense contribuíndo á reactivación económica nunha época de crise como a que estamos a atravesar.

Despunte das empresas de Lugo
Destacou, así mesmo, a aposta que Tradime realiza pola formación, como base para acadar a diferenciación precisa “que vos permita competir en igualdade de condicións e incluso despuntando con empresas do voso mesmo sector”.

En relación coa formación, salientou a aposta do Concello por iniciativas que persigan o desenvolvemento económico como o Centro de Empresas posto en marcha polo Goberno Local, CEI-NODUS, que ofrece información e espazo aos emprendedores que queiran montar a súa unidade produtiva.

Melloras nas comunicacións
Na súa intervención, López Orozco destacou o entendemento entre o Concello de Lugo e o Ministerio de Fomento e o Goberno de España para levar a cabo iniciativas como a estación de mercadorías, as melloras nas comunicacións coas novas autovías, a construción da Nova Ponte e a estación intermodal. Proxectos “que permitirán aumentar as vosas potencialidades empresariais e poñer a Lugo no mapa das comunicacións”.

Melloras que, tal e como resaltou, foron “posibles grazas a traballo en común, á conciliación de intereses diversos pero que apostaron, en todos os casos, pola mellora e a busca do sito que lle corresponde a Lugo no terreo industrial e económico”.

“Un compromiso coa cidade que mantén o Ministerio de Fomento e que esperamos comparta o novo Goberno galego dándolle resposta aos temas pendentes con Lugo”, remarcou.

Así mesmo, sostivo que “sempre contaredes co noso apoio para que Lugo conte tamén no mapa das industrias fortes, competitivas, á altura das esixencias que establece convivir en Europa”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova