Cargando....
Concello de Lugo
23/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo defende unha taxa da auga que prime a aqueles que menos consuman


# Venres, 16/10/2009
* O novo sistema prevé reducións nas tarifas das comunidades veciñais, así como nas das familias numerosas

Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, deu conta hoxe da reunión en relación coa ordenanza da auga mantida esta mañá cos grupos políticos con representación no Concello e os técnicos municipais.

O Concello de Lugo propón un sistema tarifario baseado no consumo real que primará a aqueles que menos consuman. O luns volverán a reunirse as partes de cara a pechar un acordo que fixe as tarifas da auga do próximo ano.

Así mesmo, Sonia Méndez explicou que hoxe non foi posible alcanzar un acordo, posto que os grupos da oposición fixeron unha lectura errónea dos datos, sendo precisa a súa aclaración por parte dos técnicos municipais.

Desde o Goberno local deféndese unha taxa da auga que prime a aqueles que menos consuman, “unha tarifa xusta, equilibrada e medioambientalmente sostible”.

Entre as melloras que propón o novo sistema, atópase, tal e como destacou a Concelleira, a compensación a aquelas familias que collan vacacións ou non estean na casa, posto que a tarifa diminuirá.

Así mesmo, referiuse ás comunidades veciñais que verán reducida a súa factura ao modificar o sistema de cobro, de xeito que paguen en función do que consume cada un dos pisos e non atendendo ao tramo superior, tal e como viña sucedendo ata o de agora. Beneficiaranse desta medida máis de 400 comunidades de veciños, unha media de 8.000 usuarios.

O Goberno Local estuda tamén compensacións para as familias numerosas.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova