Imprimir

O CONCELLO DE LUGO PON EN MARCHA DIVERSAS MELLORAS DO SISTEMA O.R.A.


19/10/2009 As novidades afectan, sobre todo, á Avenida de Ramón Ferreiro

O Concello de Lugo, a través da empresa adxudicataria do Sistema O.R.A. puxo en marcha unha serie de melloras incluídas no pliego de condicións do sistema de aparcamento.

Así mesmo, realizouse o pintado de prazas de aparcamento do sistema O.R.A. na rúa Puro Cora, por ambas marxes, entre a praza de Avilés e a rúa Ribadeo.

Ubicáronse tres máquinas expendedoras de tickets na avenida de Ramón Ferreiro: unha diante do colexio María Auxiliadora e dúas no tramo comprendido entre a rúa Pintor Corredoira e Marina Española. Ademais, procedeuse á habilitación de aparcamentos do sistema O.R.A nesta avenida na marxe dereita en sentido de saída da cidade, dende a rúa Marina Española ata a rúa Cornubia, e en sentido de entrada ao centro dende a Praza do Rei ata a rúa Marina Española.

Tamén se procedeu á colocación de sinais verticais que regulan o sistema O.R.A. nesta avenida.