Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Mostra Valle-Inclán debuxado continúa a ser itinerante e viaxa a Pontevedra


# Luns, 19/10/2009
É a segunda vez que a exposición organizada polo Concello se mostra noutra cidade

A exposición Valle-Inclán debuxado será inaugurada o vindeiro xoves 22 de outubro ás 20:00 horas no Museo de Pontevedra. A encargada de inaugurala será a Concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, Concepción Burgo.

É a segunda ocasión que a exposición se mostra noutra cidade despois da súa estancia en Lugo, xa que no mes de abril estivo exposta no Colexio Fonseca de Santiago de Compostela.

Trátase da primeira exposición organizada polo Concello de Lugo que se converte en itinerante, nesta ocasión en colaboración coa Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela, e que ten como comisarios da mesma a Javier Serrano e Amparo de Juan.

A exposición consta dunha selecta colección de máis de 200 caricaturas e imaxes do autor elaboradas entre 1888 e 1936.

Os creadores da mostra pretenden con este conxunto de imaxes, ademais de facer unha homenaxe a este gran autor, ofrecer ao público un amplo abano de visións, perspectivas e interpretacións que un gran número de artistas gráficos do primeiro terzo do século XX deixaron para a posteridade na prensa periódica da época.

Son moitas as institucións culturais de renome que amosaron o seu interese por contar con esta exposición nas súas instalacións.

Tamén está a ter moito éxito a publicación editada polo Concello de Lugo que recolle a mostra e pola que se están a interesar librerías de todo o país.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova