Imprimir

O GOBERNO LOCAL EXPLICA QUE REALIZA CONTROIS PERIÓDICOS DA COMIDA A DOMICILIO SEN TER DETECTADO IRREGULARIDADES


19/10/2009 A Concellería de Benestar Social e Igualdade, dirixida por Carmen Basadre, explica que o Goberno Local está a realizar controis periódicos da comida a domicilio sen ter detectados irregularidades.

As deficiencias detectadas hai uns meses polo Concello de Lugo foron subsanadas de xeito inmediato garantindo un servizo municipal de comida a domicilio que cumpre con todas as garantías sanitarias esixidas.

Así, estanse a realizar controis aleatorios aos usuarios do servizo por parte da médica do Concello e dos servizos sociais, de xeito que a calidade do servizo é a óptima.

Nas revisións compróbase o estado dos alimentos, a súa correspondencia co usuario, así como as datas de caducidade.

Lévanse feito numerosos controis de xeito aleatorio e non se ten detectado máis que unha queixa que foi corrixida de xeito inmediato, dando cumprimento aos obxectivos adquiridos por parte do Goberno Local.

O Concello de Lugo pídelle ao PP que non intente crear alarma social cun servizo que ven prestandose de xeito correto e que conta con todas as garantías para os cidadáns.