Imprimir

ELÍXETE É O CARTEL GAÑADOR DO CONCURSO E DESEÑO GRÁFICO SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO


20/10/2009 A gañadora do certame recibirá un premio de 600 euros pola súa obra

Verónica Lago Franco resultou gañadora do concurso de deseño gráfico sobre Violencia de Xénero, organizado pola Casa da Muller, dependente da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre.

O título da obra gañadora é Elíxete. O cartel centrouse no tratamento deste grave problema entre á mocidade. O obxectivo é facer fincapé na prevención da violencia dirixíndose aos mozos e mozas. A temática do cartel fai alusións a este importante problema entre mozos e mozas pero nun aspecto positivo, sendo elas e eles os que deciden como queren ser, manifestando a idea de tomar decisións libremente, que se queiran a eles mesmos sen coaccións, sen imposicións.

O xurado estivo formado pola Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e persoal técnico da Casa da Muller. Contaron tamén co asesoramento de deseñadoras e deseñadores.

A gañadora do concurso recibirá un agasallo e un premio en metálico dotado con 600 euros.