Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 50.000 persoas completaron a ruta do tapeo do V Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo


# Martes, 20/10/2009
* O Alcalde participou na entrega de premios e resaltou a extraordinaria calidade da hostalería lucense


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

* O restaurante Paprica foi o gañador na modalidade creativa e A Taberna do España na modalidade tradicional

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e José Francisco Real, Presidente da Asociación de Hostaleiros da Provincia, participaron na entrega de premios do V Concurso de Tapas do Concello de Lugo.

López Orozco destacou a importancia de dar a coñecer a “extraordinaria calidade da hostalería lucense”. Animou a todos os hostaleiros e hostaleiras a seguir adiante neste camiño de mellora constante no seu traballo. Resaltou os produtos de primeira calidade que cos que se conta na cidade e o excelente traballo que levan a cabo os hostaleiros e hostaleiras “polo que o resultado non pode ser mellor”.

O Concello de Lugo trasladoulles o seu agradecemento aos patrocinadores do concurso: Gran Hotel, Hotel Husa Puerta de San Pedro e D. O. Ribeira Sacra.

A Concelleira de Cultura e Turismo resaltou a alta participación nesta edición como demostra que “máis de 50.000 persoas realizaran a ruta do tapeo”, e engadiu que “este concurso permite que esta cidade estea á vanguardia da cociña en Galicia”. Burgo destacou que “se trata dun concurso consolidado con moita rapidez, e dado a afluencia de público vaise manter durante moito tempo”.

Os gañadores desta cuarta edición do concurso no que participaron 40 establecementos da cidade, foron:

PREMIOS VOTACIÓN DO XURADO

- 1º Premio Tapa Creativa: RESTAURANTE PAPRICA, solombo de porco, touciño real, San Simón e cervexa negra.

- 2º Premio Tapa Creativa: RESTAURANTE CAMPOS, milfollas de bacallau e verduriñas con tomate confeitado e xerminados.

- 1º Premio Tapa Tradicional: A TABERNA DO ESPAÑA, carrilleira de porco con pataca e viño da Ribeira Sacra.

- 2º Premio Tapa Tradicional: RESTAURANTE MANUEL, fardelo mareiro.

- Premio á tapa que mellor marida co viño da D.O Ribeira Sacra ou que mellor use ese viño como ingrediente: TABERNA DO ESPAÑA, carrilleira de porco con pataca e viño da Ribeira Sacra.


PREMIOS VOTACIÓN POPULAR

- Tapa Creativa San Froilán: MESÓN DA PELUSIÑA, segredo de vieira.

- Tapa Tradicional San Froilán: RESTAURANTE MANUEL MANUEL, fardelo mareiro.

Os restaurantes gañadores do certame recibiron unha placa conmemorativa e fíxoselles entrega ao resto dos establecementos participantes dun diploma acreditativo da súa intervención no certame. Así mesmo, realizouse un sorteo de premios entre as persoas que participaron nas votacións.

www.lugo.es/concursotapas




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova