Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

A proposta do Concello de Lugo en relación coa tarifa da auga propón que o 38% dos usuarios vexan reducida a súa factura


# Martes, 20/10/2009
* A suba para o resto de usuarios será moi moderada
* Trátase dunha proposta baseada na xustiza, o equilibrio, e medioambientalmente sostible, seguindo a normativa europea


A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, deu conta hoxe da nova proposta do Concello de Lugo en relación coa tarifa da auga tras as reunións mantidas cos técnicos municipais e a oposición. A nova proposta do Concello de Lugo propón que o 38% dos usuarios, máis de 21.000, vexan reducida a súa factura. Trátase daqueles que consumen menos de 17 metros cúbicos, de xeito que o comercio sería un dos principais beneficiados coa nova tarificación.

Por exemplo, de consumir 3 metros cúbicos paga 11,40, e pasaría a pagar 9,33, baixando a súa factura en 2 euros.

A proposta, que terá que ser aceptada pola oposición, tivo en conta as propostas dos grupos políticos con representación no Concello mantendo as bases nas que se fundamentaba: o pago por consumo real, o equilibrio, a sustentabilidade mediambiental e a suba gradual para os consumidores.

A cota de abono situaríase en 9 euros ao trimestre, 3 euros cada mensualidade. Trátase dunha cota semellante a doutras cidades galegas que empregan o mesmo método de facturación. Deste xeito, báixase a cota de abono proposta nun inicio, mantendo a filosofía de incentivar o consumo de auga. Así, o Goberno Local propón un sistema tarifario que non prexudica a maioría dos contribuíntes senón que beneficia a aquel que menos consume.

Trátase dunha proposta baseada na xustiza, págase polo consumo; equilibrio, ninguén sae prexudicado posto que a proposta é gradual; e medioambientalmente sostible seguindo a normativa europea.

A nova tarificación plantexa 5 tramos en función dos cales se establecen as cotas. O tramo 1 vai de 0-10 metros cúbicos e custará 0,11 euros, o tramo 2 de 10 a 30; 0,18 euros, o tramo 3 de 30 a 60 por valor de 0,60 euros, o tramo 4, de 60 a 100 por 0,90 euros e o tramo 5, máis de 100 metros cúbicos a 1,10 euros.

Trátase dun trameiro progresivo o que significa que o consumo dependerá dos tramos que atravese, tarifando cada un deles en función do consumo ao que corresponda.

Exemplos prácticos
Por exemplo, para un consumo de 30 metros cúbicos agora pagaría 13,01 euros. Co novo sistema pagará 0,69 euros máis, pero de aforrar 4 metros cúbicos pagará menos, 12,98 euros.

Unha familia que consume 40 metros cúbicos, pagaría 18,38, mentres que coa nova tarifa pagaría 19,70. De aforrar 3 metros cúbicos xa pagaría menos que o pasado ano, 17,90.

Un consumo de 50 metros cúbicos pagaría 23,75 mentres que coa nova serían 25,70. Se aforra 4 metros cúbicos, pagaría menos que este ano.

O primeiro dos tramos é o que corresponde ao comercio e ás vivendas unipersoais.
O segundo e o terceiro dos tramos corresponde coa maioría das familias.

A partir do cuarto tramo, refeririámonos a unidades familiares con piscinas, xardíns… ou elementos que signifiquen unha suba notable do consumo.

Comunidades veciñais
Así mesmo, a nova proposta refírese ás comunidades veciñais que verán reducida a súa factura ao modificar o sistema de cobro, de xeito que paguen en función do que consume cada un dos pisos e non atendendo ao tramo superior, tal e como viña sucedendo ata o de agora. Beneficiaranse desta medida máis de 400 comunidades de veciños, unha media de 8.000 usuarios.

Familias numerosas
O Concello de Lugo consideraba inxusto que paguen o mesmo as familias de menos membros polo que na súa proposta recolle unha bonificación para as familias numerosas. A bonificación regularíase a través dunha cota fixa inferior aos 9 euros.

Cota industrial
Proponse unha baixa da cota de abono de 6,6 euros ao mes.

Algúns datos
De fructificar a nova tarifa, a auga en Lugo seguiría estando por debaixo da media española e europea que se sitúan en 1,5 euros e 3, respectivamente.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova