Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo fomenta o hábito da lectura entre os máis pequenos con sesións de animación e contacontos


# Mércores, 21/10/2009
* O programa desenvolverase entre o 22 de outubro e o 17 de decembro na Biblioteca Municipal
* Unhas 1.600 persoas participaron nesta iniciativa do Concello o ano pasado


Imaxe Asociada
O Concello de Lugo pon en marcha un novo programa de animación á lectura para os máis pequenos na Biblioteca Municipal. A Concelleira de Cultura e Turismo,Concepción Burgo, presentou as actividades que comezarán mañá xoves 22 de outubro e que van dirixidas a nenos de entre 3 e 12 anos. As sesións terán lugar os xoves, ás 19:00 horas.

Con este programa trátase de impulsar a utilización da Biblioteca por parte dos máis cativos e cumprir así cos compromisos do Goberno Local para que se convirta nun centro cultural de referencia. É unha maneira de que os máis pequenos se acheguen á cultura e, en especial, aos libros.

O programa de animación á lectura e contacontos contempla numerosas actividades entre o 22 de outubro e o 17 de decembro nas que contacontos achegarán ós rapaces ó mundo da fantasía.

As sesións de contacontos serán abertas, mentres que as de animación á lectura requiren inscrición previa. Ambas son gratuítas.

Ao redor de 1.600 persoas, entre nenos e acompañantes, participaron neste programa o ano pasado.

O que máis anima ao Concello de Lugo a continuar co programa é que, os participantes máis novos mostran un especial interese pola actividade, cunha fidelidade na súa asistencia dende o primeiro ao último día e unha participación activa nas sesións. Ademais, estes rapaces e rapazas establecen deste xeito o seu primeiro contacto coa biblioteca municipal, familiarízanse co espazo, coas súas normas e acceden aos servizos da biblioteca ao darse de alta como socios e solicitar os seus primeiros préstamos.

Programa:
- 22 de outubro: sesión de contacontos con Sherezade Bajardi baixo o título de Xharazade, a música das palabras.
- 29 de outubro: sesión de animación á lectura con Cucarandainas baixo o título de Cóntame historias da túa nai.
- 12 novembro: Sesión de maxia co Mago Toño que presentará o seu espectáculo Un mundo diferente.
- 26 de novembro: sesión de animación á lectura con Cucarandainas baixo o título de Contos de Peixes.
- 10 de decembro: sesión de animación á lectura baixo o título de Preparando o Nadal a cargo de Cucarandainas.
- 17 de decembro: sesión de monicreques con Titiritempo baixo o título de Os tres porquiños e algún outro.

Estas actividades deseñáronse pensando en ofrecer aos lucenses un tempo de lecer en familia.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova