Imprimir

CONTINÚA EN LUGO A SEMANA DE BENVIDA COA ACTUACIÓN DE XACOBE MARTÍNEZ


21/10/2009 Será mañá xoves ás 20:30 horas na Praza de Santa María

As actividades da Semana de Benvida 2009, organizadas dentro do Convenio Lugo Cultural,  do que forma parte o Concello de Lugo, continúan este xoves 22 coa actuación de Xacobe Martínez, que presentará o seu novo proxecto A Tribu. Unha volta ás raíces ás 20:30 horas, na Praza de Santa María.

Martínez, que estará acompañado polos músicos Rosolino Marinello, Manuel Cebrián, Max Gómez e David González, ofrecerá un espectáculo de creación musical colectiva, con improvisacións, jazz e con acenos ao rock, funk, hiphop e o groove.

En caso de choiva, o concerto trasladarase ao Auditorio Gustavo Freire. Habilitaranse para as persoas interesadas en asistir autobuses que sairán desde a Facultade de Veterinaria, ás 20:00 horas, e desde a Escola Universitaria de Formación de Profesorado, ás 20:15 horas.

Programa Completo en lugocultural.es