Cargando....
Concello de Lugo
16/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Cemiterio Municipal amplía o seu horario habitual con motivo da festividade de Todos os Santos


# Xoves, 22/10/2009
O Concello de Lugo reforzará o servizo de autobuses ao cemiterio de San Froilán

Como cada ano, pola festividade do día de Todos os Santos o Concello de Lugo amplía o horario habitual do cemiterio municipal de San Froilán para facilitarlle aos lucenses a súa visita e a habitual labor destas datas de limpeza e engalanamento das sepulturas. Desde o 26 de outubro e ata o día 2 de novembro permanecerá aberto de forma ininterrumpida dende as 10:00 ata ás 19:00 horas.

Xa o día 1de novembro haberá actuacións do grupo de música clásica STRANIKI, de 12.00 horas ás 13.00 horas e de l7.00 horas ás 18.00 horas. Ao día seguinte, o 2 de novembro, realizarase a tradicional ofrenda floral ás 12.00 horas no Xardín das lembranzas, coa actuación do mesmo grupo de música clásica. Ademais, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, guiará un percorrido polo Cemiterio no que se poderán observar as últimas actuacións realizadas na liña dos últimos anos, para imprimir ao cemiterio un carácter máis humano e ofrecer aos familiares e amigos un consolo e un refuxio emocional frente á dor pola perda.

Ademais o Concello de Lugo reforzará o servizo de autobuses ao Cemiterio Municipal o día 1 de novembro con dous buses que realizarán o seguinte percorrido:
  • Saídas desde sindicatos con destino ao cemiterio e viceversa cada 20 minutos, ademais do servizo normal da línea 5E, que realizará o seu itinerario e horario normal dun día festivo.

Itinerario:
  • SINDICATOS, Ronda da Muralla, Rúa Santiago; Ponte Vella, Estrada Vella de Santiago, Cemiterio.
  • CEMITERIO, Estrada Vella de Santiago, Ponte Vella, Ronda da Muralla, Sindicatos
Frecuencia:
  • Desde Sindicatos con destino ao Cemiterio cada 20 minutos desde as 9:00 atas as 19:00 horas.
  • Desde o Cemiterio con destino a Sindicatos cada 20 minutos desde as 9:20 ata as 19:20 horas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova