Como cada ano, pola festividade do día de Todos os Santos o Concello de Lugo amplía o horario habitual do cemiterio municipal de San Froilán para facilitarlle aos lucenses a súa visita e a habitual labor destas datas de limpeza e engalanamento das sepulturas. Desde o 26 de outubro e ata o día 2 de novembro permanecerá aberto de forma ininterrumpida dende as 10:00 ata ás 19:00 horas.
Xa o día 1de novembro haberá actuacións do grupo de música clásica STRANIKI, de 12.00 horas ás 13.00 horas e de l7.00 horas ás 18.00 horas. Ao día seguinte, o 2 de novembro, realizarase a tradicional ofrenda floral ás 12.00 horas no Xardín das lembranzas, coa actuación do mesmo grupo de música clásica. Ademais, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, guiará un percorrido polo Cemiterio no que se poderán observar as últimas actuacións realizadas na liña dos últimos anos, para imprimir ao cemiterio un carácter máis humano e ofrecer aos familiares e amigos un consolo e un refuxio emocional frente á dor pola perda.
Ademais o Concello de Lugo reforzará o servizo de autobuses ao Cemiterio Municipal o día 1 de novembro con dous buses que realizarán o seguinte percorrido: