Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo selecciona o proxecto para a rehabilitación do antigo cárcere incluído no Plan Urban


# Xoves, 22/10/2009
* A proposta elexida foi a presentada por Creus e Carrasco Arquitectos, S.L.P.
* O proxecto contará cun orzamento de 5.490.000 euros e pretende abrilo ao máximo ao público


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Maqueta
  • Maqueta
O Concello de Lugo celebrou esta mañá unha xuntanza para a selección da proposta de rehabilitación do antigo cárcere do Partido Xudicial de Lugo que posibilita a implantación dun programa de usos adecuado ao fin socio-cultural que se lle pretende dar.

O proxecto elexido entre os cinco candidatos pre-seleccionados foi o preparado por Creus e Carrasco Arquitectos, S.L.P. da Coruña.

A elección do xurado, presidido polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, realizouse seguindo os criterios de avaliación das bases do concurso valorándose: a calidade constructiva e arquitectónica da edificación proposta, a súa capacidade de adaptación a diversos usos, a calidade dos espazos exteriores, así como a incorporación de novas tecnoloxías ao edificio.

O edificio proposto por Creus e Carrasco pretende aproveitar ao máximo a idea de apertura ao público do cárcere, cambiando os principios de vixilancia e custodia en principios de busca e mostra de valores culturais e sociais. Os arquitectos propoñen unha compartimentación aberta, traballando cada un dos espazos de forma flexible con graos de apertura e intervención relacionados cos usos.

A interpretación realizada polos profesionais coruñeses permite intervir no edificio do antigo cárcere case sen tocalo aproveitándoo integramente, recuperando parte do seu estado orixinario, concebido agora como un itinerario entre espazos polivalentes dedicados á arte e á cultura.

O proxecto de rehabilitación pretende por en valor os dous módulos nos que se divide o espazo: o edificio de servizos do cárcere e o edificio xudicial. O primeiro dos módulos manterase o seu volúmen distribuíndoo dunha maneira unitaria para o uso do servizo de Arqueoloxía do Concello. O segundo dos módulos converterase no espazo principal de acollida, situando nel os usos máis públicos de documentación e información, o auditorio e un espazo de interpretación da gastronomía.

Os arquitectos perciben os diferentes espazos do edificio como unha rede-infraestrutura construída cunha mesma textura que multiplica as posibilidades de acceso, permite diferentes sectoralizacións que poden englobar diferentes utilizacións e ao mesmo tempo dotar de independencia aos diferentes espazos.

Proponse unha ordenación conxunta desta parte da cidade, marcando a preferencia peonil do ámbito e interpretando a imaxe histórica do espazo de relación entre o cárcere e a porta da Muralla.

O importe final desta actuación incluída dentro do plan Urban ascende a un total de 5.490.000 euros e conta cun prazo de execución de 18 meses.

Coa rehabilitación e aproveitamento deste edificio o Concello pretende incrementar a rede de equipamientos de edificios municipais para dar unha mellor resposta ás demandas da poboación, xerando novos espazos de encontro, ocio e relación, máis próximos ao cidadán, nunha zona neurálxica da cidade, as inmediacións da Muralla de Lugo e do seu centro histórico.

Creus e Carrasco Arquitectos
A empresa de arquitectura conta cun recoñecido prestixio nacional polo seu traballo en obras como:
  • Remodelación do antigo cuartel de Macanaz para museo e sede da Fundación Luis Seoane ( A Coruña).
  • Urbanización do Porto de Fisterra e Nova Lonxa.
  • Remodelación do Porto de Malpica.
  • Reforma do Centro de Arte Torrente Ballester en Ferrol.
  • Hotel Pazo de Altamira en Santiago.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova