Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Benestar Social participou na presentación das actividades do Club de Baloncesto Ensino para esta tempada


# Venres, 23/10/2009
O club pretende achegar o baloncesto a todos os sectores da sociedade lucense

Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, o vicepresidente da Deputación, Antón Bao, a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, e a representante da entidade organizadora, Ana Ónega, participaron na presentación do programa de actividades deportivas deseñado polo club de baloncesto Ensino Porta XI para a tempada 2009 -2010.

Con este proxecto o club pretende achegar o baloncesto a todos os sectores da sociedade ofrecéndolles a posibilidade de ocupar parte do seu tempo de lecer na aprendizaxe ou goce dunha disciplina que conta cunha gran tradición na capital lucense.

Profesionais, afeccionados ao baloncesto, veteranos ou futuras promesas deste deporte de masas serán os destinatarios das máis de dez iniciativas que propón o Ensino Porta XI para os vindeiros meses.

A matrícula, nalgúns casos gratuíta, realizarase con dúas semanas de antelación nas oficinas da citada entidade, situadas no Pazo Provincial dos Deportes, ou a través da súa páxina web: www.ensinolugo.com .


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova