Imprimir

O CONCELLO DE LUGO ADXUDICA A NOVA POTABILIZADORA QUE PERMITIRÁ QUE LUGO TEÑA AUGA DA MÁXIMA CALIDADE


23/10/2009 * Recorda que a tarifa da auga se basea nun sistema de cobro por consumo que permitirá que preto do 40% dos usuarios vexan reducida a súa factura

A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Lino González Dopeso, ven de adxudicar de xeito provisional a posta en marcha da nova potabilizadora á empresa Gestagua por un importe de 1.073.438 euros, 600.000 menos que a oferta de partida o que permitirá “que Lugo teña auga da máxima calidade”.

Tal e como explicou o Concelleiro, un total de 9 ofertas presentáronse ao concurso o que ralentizou a resolución do mesmo, posto que foi preciso estudiar cada unha das propostas técnicas e económicas.

Lino González expuxo que logo de 15 días se realizará a adxudicación de xeito definitivo, de xeito que nos próximos tres meses convivan ambas as potabilizadoras e a partir de entón opere só a nova ofrecendo unha auga coas máximas garantías de calidade e salubridade.

Tarifa da auga
En relación coa nova tarifa da auga que propón o Executivo local, o Concelleiro recordou que se basea nun sistema de cobro por consumo que permitirá que preto do 40% dos usuarios vexan reducida a súa factura. Explicou, así mesmo, que as posturas están cada vez máis próximas entre os grupos políticos.

Neste sentido, salientou que o monto total que recaudaría o Concello co novo sistema se situaría no 8%, impoñéndose a máxima de que o que máis consuma, máis pagará.

Lino González manifestou a súa preocupación en relación co anteproxecto de Lei co que traballa o Goberno galego sobre a auga. Este suporá, a priori, posibles problemas de subas do canon, así como a interferencia das competencias da administración local e a autonómica.

Empresa Mixta de Xestión de Auga
O Concelleiro de Medio Ambiente referiuse na súa comparecencia á proposta do PP presentada onte sobre a Empresa Mixta de Xestión da Auga. Así, Lino González salientou que a proposta inicial do Executivo local plantea unha sociedade limitada na que o capital sexa dun 70/30, podendo aceptar en último termo un 51/49 a favor do Concello, no que o capital privado sexa menor que o púbico.

Así mesmo, Lino González indicou que o Concello proporá que se priorice o desenvolvemento técnico das propostas e non, como propón o PP, a proposta económica. Trátase, avanzou, de primar a calidade e a xestión da proposta sobre a achega económica.

En relación coa disparidade, aclarou que o que propón o Executivo Local establece que o contrato sexa por 50 anos, se ben, logo de 10 anos de servizo, as partes poden non estar dacordo na prestación do mesmo e rescindir o contrato, de forma que o Concello decida se asumea sociedade ou procura un novo socio.

Así mesmo, explicou que as tarifas se calcularán segundo o custo do servizo no que o Concello xa está a traballar.