Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e a USC poñen en marcha un programa de actividades deportivas para os universitarios da cidade


# Luns, 26/10/2009
José Manuel Díaz Grandío resalta a importancia do deporte para a integración na vida diaria de Lugo

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Vicerreitor da USC en Lugo, Carlos Herrero, e Jesús Castro, responsable da área de deportes da USC, presentaron o programa de actividades deportivas que se ofertará no curso 2009-2010 aos estudantes do Campus lucense.

O Concelleiro explicou que “o Concello pon á disposición do colectivo universitario todas as súas instalacións deportivas para que os universitarios poidan continuar a facer deporte na nosa cidade”. Ademais, Díaz Grandío indicou que “o ámbito deportivo é idóneo para que os estudantes que veñen de fóra da cidade se sintan máis lucenses e se integren á vida diaria de Lugo”.

As actividades comezan hoxe, luns 26 de outubro, e haberá unha semana de portas abertas coa que se poderá tomar contacto coas mesmas. As actividades están condicionadas a un número mínimo de inscricións que se poden realizar na Oficina de deportes do Campus de Lugo dende o pasado 13 de outubro.

Son un total de 14 disciplinas distintas que se desenvolverán en diferentes instalacións deportivas da cidade:

Aula de deporte e cultura da Facultade de Veterinaria:

- Ximnasia de mantemento: Luns e mércores de 20.15 a 21.15 h. 1º Cuad: 35 €; anual: 64 €.

- Aeróbic + Steps: Martes e xoves de 20.30 a 21.15 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.

- Mantemento + Aeróbic + Steps:

    1º Grupo: martes e xoves de 19.30 a 20.30 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.
    2º Grupo: luns e mércores de 21.15 a 22.15 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.

- Pilates:
     1º Grupo: luns e mércores de 08.15 a 09.00 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.
     2º Grupo: luns e mércores de 18.00 a 18.45 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.
     3º Grupo: martes e xoves de 21.15 a 22.00 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.

- Taichi: Martes e xoves de 08.30 a 09.15 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.

- Danza Oriental: Unha hora e media semanal: 1º Cuad: 63 €; anual: 113 €.
    1º grupo: luns de 18.45 a 20.15 h.
    2º grupo: xoves de 18.00 a 19.30 h.
    Tres horas semanais: luns e xoves, 1º Cuad: 100 €; anual: 180 €.

Ximnasio da Piscina das Pedreiras:

- Ioga:
     Unha hora e cuarto semanal: martes ou xoves de 19.00 a 20.15 h. 1º Cuad: 45 €; anual: 80 €.
    Dous días a semana: martes e xoves de 19.00 a 20.15 h. 1º Cuad: 80 €; anual: 144 €.

Ximnasio do Pazo de Deportes

-  Esgrima: Martes e xoves de 21.00 a 22.30 h. 1º Cuad: 60 €; anual: 108 €.

- Acondicionamento físico:
    1º Grupo: martes e xoves de 09.00 a 10.00 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.
    2º Grupo: luns e mércores de 21.00 a 22.00 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.
    3º Grupo: martes e xoves de 21.00 a 22.00 h. 1º Cuad: 53 €; anual: 95 €.

- Tiro con arco: Práctica libre; luns e martes de 16.00 a 17.30 horas. Durante o ano haberá cursos de iniciación e perfeccionamento.

ACTIVIDADES EXTERNAS con descontos para a USC

- Padel: Actividade que se desenvolve no Club Padel Nuestro, no Polígono do Ceao. Con prezos especiais para universitarios. Esta instalación tamén conta con ximnasio e sauna.

- Hípica: Cursos mensuais no Club Hípico Equs:
    Iniciación, perfeccionamento: unha hora semanal 50 €/mes; dúas horas semanais 85 €/mes.
    “Pony club”: media hora semanal, venres ou sábados: 35 €/mes.

- Corre con nós: A Universidade de Santiago ten un equipo de atletismo de membros da comunidade universitaria para participar de xeito gratuíto no Circuíto de carreiras Corre con nós que organiza o Concello de Lugo.

- Club Fluvial de Lugo: A USC ten suscrito un convenio co Club Fluvial de Lugo para poder facer uso a prezo reducido das súas instalacións aos alumnos de 1º e 2º ciclo dende as 08.00 até as 17.00 h. Esta instalación conta con piscina climatizada, ximnasio e sauna.

- Outros deportes: Durante o ano, levaranse a cabo cursos puntuais de distintas disciplinas deportivas, que serán anunciados no seu momento.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova