Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo colabora coa celebración do 25 aniversario do Club San Fernando Lucus Caixa Rural


# Martes, 27/10/2009
O Concelleiro de Deportes resaltou o papel do club no atletismo lucense

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O club San Fernando Lucus Caixa Rural cumpre este ano o seu 25 aniversario, polo que organizou o “Trofeo Tetratlón 25 aniversario SF Lucus Caixa Rural Galega” que foi presentado esta mañá no Concello de Lugo polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o presidente do club, José Manuel Traseira, e o Delegado da Federación de Atletismo en Lugo, Manuel Castiñeira.

O Concelleiro resaltou “o importante papel do clube nos seus 25 anos que ten ás súas espaldas parte da historia do atletismo lucense”, e agradeceu “a aportación do San Fernando Lucus ao circuíto de carreiras populares Corre con Nós”.

Esta competición, que se celebrará nas pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo o domingo 8 de novembro, está aberta a todos os atletas federados de Galicia.

Trátase dunha proba combinada, composta por lanzamento de peso, 60 metros lisos, salto de lonxitude e 1.500 metros lisos, sendo a clasificación por puntos segundo táboas da IAAF para probas combinadas.

As inscricións faranse antes das 24:00 horas do xoves día 5 de novembro vía e-mail: sflucusarrobayahoo.es.

Concederanse medallas conmemorativas a os tres primeiros clasificados en cada unha das categorías tanto masculino coma feminina.

Horario
As probas faranse de forma consecutiva podéndose adiantar os horarios programados:

11:00.- Lanzamento de peso homes /mulleres
11:30.- 60 metros lisos homes /mulleres
12:00.- Salto de lonxitude homes /mulleres
12:30.- 1.500 metros lisos homes /mulleres

As categorías federadas admitidas para participar nesta proba serán:
• cadete,
• xuvenil,
• xunior/promesa, lanzarase cos artefactos senior.
• senior
• veteráns.

Ademais, a celebración deste 25 aniversario culminará cunha cea-gala que terá lugar o día 20 de novembro ás 21.00 horas no Gran Hotel de Lugo. Neste acto, homenaxearase ás institucións, deportistas e persoas que contribuíron a que o club se consolidase durante estos 25 anos no atletismo galego.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova