Cargando....
Concello de Lugo
22/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo traslada o seu pesar á familia da Condesa de Fenosa


# Mércores, 28/10/2009
Mañá terá lugar unha Xunta de Goberno extraordinaria para aprobar a modificación das ordenanzas fiscais

Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo manifestoulle esta mañá o seu pésame á familia da Condesa de Fenosa, Carmela Arias y Díaz de Rábago. O Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, resaltou o seu labor a prol da cultura como presidenta da Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Neste sentido, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, envioulle unha carta á familia para trasladarlle o seu pésame e o do seu equipo de Goberno.

O voceiro anunciou que mañá se celebrará unha Xunta de Goberno extraordinaria para aprobar a modificación das ordenanzas fiscais e a modificación da ordenanza reguladora dos prezos públicos.

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou a concesión de tres licenzas de obra e a denegación dunha. Ademais, aprobouse a realización de dilixencias previas anteriores á incoación dun expediente disciplinario a un funcionario do Concello.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova