Cargando....
Concello de Lugo
15/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo destaca o labor da USC como a mellor aposta polo coñecemento, polo presente e polo futuro


# Xoves, 29/10/2009
* José López Orozco participou esta mañá na inauguración dun congreso internacional sobre economía e finanzas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta mañá na Facultade de Económicas na inauguración dun congreso internacional sobre economía e finanzas no que destacou o labor da USC como a mellor aposta polo coñecemento, polo presente e polo futuro.

No acto participaron ademais, a vicerreitora adxunta de Oferta e Xestión Académica, Begoña Barreiro, o Decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo, Luís Gago, e o presidente de SIGEF, Jaime Gil Aluja. Trátase do XV Congreso internacional da SIGEF Crise económica e financieira: novas oportunidades e perspectivas, que se desenvolverá en Lugo ata este venres pola tarde.

López Orozco deulles á benvida á cidade a todos os participantes no evento, ao tempo que salientou “que Lugo os acolle abrazando a súa visita, ao igual que a Muralla abraza a cidade”.

López Orozco destacou a importancia dos estudosos para saír da crise, así como a fortaleza das novas tecnoloxías aplicadas á ensinanza e á democracia para seguir desenvolvendo os países.

O congreso, no que participan máis de 40 académicos e profesionais de tres continentes que traballan no campo da economía, as finanzas, a xestión e a organización, pretende estimular o intercambio científico, a promoción da cooperación internacional entre a comunidade académica e as empresas, así como difundir os resultados das investigacións internacionais.

Na primeira xornada, máis de vinte especialistas de España, e doutros países como Arxentina, Dinamarca ou Romanía, analizan as finanzas corporativas, as redes neurais e os programas de optimización, co obxectivo de afondar nas claves, cambios e oportunidades que presenta a actual crise económica que estamos a atravesar a nivel mundial.

O venres, profesionais da economía de México, Eslovenia e Italia abordarán os fundamentos teóricos, a xestión e a toma de decisións, e as políticas económicas que se están a desenvolver nos seus respectivos países, analizando tamén os resultados que ofrecen.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova