Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo instalará o sistema de información da circulación dos autobuses en 11 paradas e 20 vehículos


# Xoves, 29/10/2009
As melloras inclúense dentro das actuacións previstas no Plan Urban

O Concello de Lugo celebrou esta mañá unha Comisión de Seguimento do Plan Urban na que se deu conta das liñas de traballo que se están a levar a cabo e os proxectos que se realizarán proximamente.

O Voceiro do Equipo de Goberno, José Rábade, anunciou que se aprobou a implantación dun sistema de asistencia á explotación (SAE) no servizo de transportes urbán co que se pretende mellorar a calidade do servizo. Este proxecto, segundo indicou o Concelleiro, inclúe a instalación dun porto de control e sistema de comunicacións que permitirá controlar ata 500 autobuses e 200 postos de información.

Ademais, instalarase un sistema de información en 11 paradas de autobús:

- Nº 2 de Montero Ríos
- Nº 25 da Ronda da Muralla
- Nº 58 da Ronda da Muralla
- Nº 70 da Ronda da Muralla
- Nº 118 da Ronda da Muralla
- Nº 140 da Ronda da Muralla
- Nº 163-164 da Ronda da Muralla
- Na rúa ángel López Pérez
- Nº 2 da Avenida da Coruña
- Nº 131 da Avenida da Coruña
- Na Avenida Carvallo Calero (ao carón da facultade de Veterinaria)

Así mesmo, o sistema de información será instalado en 20 autobuses do Servizo Municipal de Transportes.

Por outra banda a Comisión aprobou a instalación de contedores soterrados que se efectuará probablemente en 9 puntos do centro histórico da cidade. Neste momento estase a valorar tecnicamente cal é a mellor ubicación. Ademais realizarase unha xuntanza co Consello Económico e Social para que os seus membros realicen tamén as súas aportacións sobre a ubicación.

Ademais deuse conta nesta xuntanza das inversións do plan que están a seguir os seus trámites: rehabilitación do vello cárcere, a peonalización da rúa San Marcos e a remodelación da Praza do Cantiño. Tamén se fixo balance das axudas aos locais de negocio que está en proceso de tramitación a resolución da terceira fase. Desde o mes de marzo 168 empresas foron informadas destas axudas, 81 mantiveron unha xuntanza con un técnico de arquitectura para informar sobre aspectos das licenzas de obra e das 56 solicitudes de axudas presentadas 34 foron concedidas, 9 renunciaron a elas e 12 foron denegadas.

O Concello abrirá unha nova liña de axudas para rótulos, toldos e placas dotado con 100.000 euros.

www.lugo.es/urban


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova