Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco pídelles aos alumnos da Escola Ramón Falcón que acheguen ideas creativas para a celebración do 10 aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial


# Xoves, 29/10/2009
* O Alcalde de Lugo participou na celebración do patrón da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
* Destaca que os actos de conmemoración da Muralla como Patrimonio e o Xacobeo farán de Lugo e de Galicia o cumio da modernidade universal

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta tarde na celebración do patrón da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón no que lles pediu aos alumnos que acheguen ideas creativas para a celebración do 10 aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial. No acto estivo acompañado pola directora da Escola, Esther Muñoz.

“Quero pedirvos a vosa colaboración para o próximo ano, ano no que conmemoraremos o 10 aniversario do noso emblema, da nosa Muralla como Patrimonio Mundial”. “Invítovos a que aportedes todas as ideas que consideredes porque os actos de celebración da Muralla xunto co Xacobeo farán de Lugo e de Galicia o cumio da modernidade universal”, destacou.

Neste sentido, destacou que o 2010 será un ano de participación cidadá, “no que a creatividade da que facedes gala, a apertura da cidade e as novas tecnoloxías serán a nosa folla de ruta”. Unha folla de ruta que se caracterizará, tal e como expuxo, “pola participación cidadá e por convertir a nosa Muralla no altofalante do noso poder creativo, a nosa fortaleza de cidade e hospitalidade”.

Trátase, tal e como lles trasladou, de crear un programa entre todos, que apoie iniciativas como aquelas nas que vides traballando, “proxectos adaptados á sociedade na que vivimos, o desenvolvemento artístico da cidade, do espazo público”.

Así mesmo, felicitounos pola ilusión que “emana dos seus traballos, das súas ganas de crear e da súa confianza na arte con maiúsculas”.

Os actos de celebración do patrón da escola acolleron un concerto de jazz, unha visita á exposición de traballos realizados polos alumnos, así como a entrega de premios dos mellores traballos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova