Cargando....
Concello de Lugo
24/09/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo contará con dúas escolas rurais rehabilitadas grazas aos obradoiros de emprego


# Venres, 30/10/2009
A iniciativa dará emprego a 21 persoas que rehabilitarán a escola rural de Airexe na parroquia de Labio e en Cabanas na parroquia de Santa Comba

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e os alcaldes doutros municipios da provincia, participaron esta mañá na presentación dos obradoiros de emprego Escolas Rurais subvencionados pola Xunta de Galicia. Neste acto participou tamén a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

O Alcalde manifestou a súa satisfacción por participar nun acto no que se coñece unha iniciativa que permitirá que a cidade continúe recuperando edificios moi importantes nas parroquias. “O Concello de Lugo sempre contou co apoio da administración galega neste labor polo que saudamos que o Goberno autonómico sexa consciente da importancia que ten para os Concellos rehabilitar e recuperar as nosas escolas rurais”, indicou.

Na actualidade, o Concello de Lugo ten rehabilitado e posto en valor a maioría destes inmobles nas parroquias, polo que o Alcalde manifestou que “de seguir a colaboración entre as administracións, pronto completaremos o percorrido”. Trá