Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo elevará ao Pleno o apoio á solicitude de declaración de Ben de Interese Cultural en defensa do Parque de Rosalía e o seu contorno


# Venres, 30/10/2009
O xoves celebrarase un pleno extraordinario para tratar as taxas municipais

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Goberno Local elevará ao Pleno do próximo luns o apoio á solicitude formulada pola Asociación pola Defensa do Parque de Rosalía e o seu contorno na que se formula a declaración por parte da Xunta de Galicia de Ben de Interese Cultural (BIC) o Parque de Rosalía e o seu contorno.

Neste sentido, o Concello de Lugo considera que a mellor das opcións existentes se atopa na declaración BIC por parte da Xunta de Galicia da parcela o que evitaría a súa edificación, tal e como se ven reclamando, e eximiría ao Concello de ter que acometer indemnizacións.

Así mesmo, como xa fixo no seu momento o Concello conseguindo reducir un 28% a edificabilidade e aumentar un 48% as zonas verdes, o Equipo de Goberno comprometese a seguir traballando para acadar un acordo satisfactorio para preservar o Parque de Rosalía e o seu contorno.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova